Cíes: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Almaffi (conversa | contribucións)
Almaffi (conversa | contribucións)
Liña 33:
O arquipélago está formado por tres illas principais: a illa de Monteagudo (ou illa do Norte), a illa do Faro (ou illa do Medio) e a illa de San Martiño (ou illa do Sur), xunto a pequenos illotes como Boeiro ou Agoeiro, Viños, Carabelos e O Ruzo. As illas de Monteagudo e do Faro están unidas polo chamado Lago dos nenos e a [[praia de Rodas]]<ref name="quercus342">{{cita publicación periódica|apelidos=Piñeiro C.|título=Islas Cíes: Paisaje submarino|revista=Quercus|ano=Agosto 2014|volume=342|dataacceso=1 de xaneiro de 2017}}</ref>. Todas elas contan con 433 hectáreas terrestres de superficie, mentres que a superficie mariña protexida incluída no parque é de 2.658 hectáreas<ref>[http://medioambiente.xunta.es/espazosNaturais/detalleespazo.jsp?COD_ESPAZO=44&ID_CATEGORIA=3 Xunta de Galicia. Consellería do Medio Rural.]</ref>.
 
A illa de San Martiño ten unha extensión total de 146 hectáreas. ConCunha lonxitude de norte a sur de 2,3 qm. e unha anchura aproximada dun quilómetro.<ref name="quercus353">{{cita publicación periódica|apelidos=Velo-Antón G. e Cordero-Rivera A.|título=Salamandra común: poblaciones insulares en Galicia|revista=Quercus|ano=Xullo 2015|volume=353|dataacceso=1 de xaneiro de 2017}}</ref>
 
No ano [[2007]] o xornal británico ''[[The Guardian]]'' elixiu a [[praia de Rodas]], na illa de Monteagudo, como a "praia máis fermosa do mundo"<ref>{{Cita web|título = Top 10 beaches of the world| editor = The Guardian| data = 16-02-2007| url = http://www.guardian.co.uk/travel/2007/feb/16/beach.top10| dataacceso = 03-09-2007}}</ref>. Amais das praias o seu grande atractivo son os seus cantís e os denominados niños de [[abella]]s e as cacholas (cavidades redondeadas producidas na superficie das rochas que acaban fusionándose dando lugar a ocos maiores).