Cíes: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Almaffi (conversa | contribucións)
Almaffi (conversa | contribucións)
engadir contido
Liña 81:
 
[[Réptil]]es, representados por diferentes tipos de [[lagarto]]s, [[lagarta]]s e [[culebra]]s; [[anfibio]]s (en menor medida pola escaseza de auga), como [[píntega]]s e [[sapo]]s, e [[invertebrado]]s como os [[caracol|caracois]], [[escaravello]]s, [[araña]]s e [[bolboreta]]s acaban completando a fauna das illas.
 
== Fondos mariños ==
Os fondos mariños son dunha gran importancia ecolóxica. Albergan unha gran variedade de [[crustáceos]], [[gorgonia]]s, [[poliquetos]], [[moluscos]] e [[equinodermos]] (coma a especie ''[[marthasterias glaciallis]]''). Ademais, as [[tartaruga]]s e os [[mamíferos]] mariños tamén se soen achegar ó litoral das illas<ref name="quercus342"></ref>.
 
Existen diversas e importantes colonias de algas<ref name="quercus342"></ref>:
* De cor marrón: coma as ''saccorhiza polyschides'', ''laminaria ochroleuca'', ''laminaria digitata''.
* De cor verde: coma as [[Leituga de mar|leitugas de mar]] ou as ''[[codium tomentosum]]''
* De cor azul-verdosa: coma ''chondria coerulescens''
 
Tamén hai poboacións salientábeis de [[esponxas]] vermellas, laranxas, moradas, brancas e incluso amarelas, coma as do xénero ''[[Cliona]]''. E diversas especies de [[coral|corais]], tanto duros coma brandos. Destes últimos citar as [[man de morto|mans de morto]] (''alcyonium digitatum'').<ref name="quercus342"></ref>
 
== Xurisdición eclesiástica ==