Taxonomía: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 47:
Cando xurdiu a teoria da evolución a medidados do século XIX, comenzou a admitirse, tal e como propuxera Darwin, que o grao de parentesco entre os taxons (filoxenia) debía servir como criterio para a formación dos grupos. A publicación do seu libro ''Sobre a orixe das especies'' en [[1859]] estimulou a incorporación das teorías evolutivas na clasificación, proceso que aínda hoxe non rematou (de Queiroz e Gauthier 1992). Un paso crítico neste proceso foi a adquisición da perspectiva filoxenética, na que algúns científicos, como Willi Hennig (1913-1976), Walter Zimmermann (1892-1980) e Warren H. Wagner (1920-2000) e moitos máis, fixeron valiosas achegas. A bioloxía sistemática é a ciencia que trata de relacionar os sistemas de clasificación coas teorías sobre evolución dos taxons.
 
Hoxe en día o desenvolvemento de novas técnicas (como a análise do [[ácido desoxirribonucleico|ADN]]) e as novas formas de análise filoxenética (que permite analizar matrices cunha cantidade enorme de datos) están introducindo cambios substanciais nas clasificacións ó uso, obrigando a desfacer grupos de longa tradición e definir outros novos. As achegas máis significativas proceden da comparación directa dos [[xene]]s e os [[xenoma]]s. Hoxe os organismos agrúpanse segundo as semellanzas no seu ADN (e logo co apoio do rexistro fósil e a morfoloxía), e a evolución dos caracteres morfoloxicosmorfolóxicos é “interpretada” unha vez a árbore filoxenética está consensuada. Esta situación enriqueceu o campo da Bioloxía Sistemática, e logrou unha relación estreita desta última coa ciencia da evolución, cousa que antes non ocurrira debido as numerosas imprecisions que existían antes da chegada das analise de ADN nos sistemas de clasificación. A taxonomía pasou a ser só unha subdisciplina da Bioloxía Sistemática que se ocupa de crear o sistema de clasificación segundo as regras, e a “estrela” pasou a ser a árbore filoxenética en si.
 
== As diferenzas entre taxonomía e sistemática ==