Diferenzas entre revisións de «Taxonomía»

m
As orixes da taxonomía remóntanse ás orixes da linguaxe, cando as persoas chamaban cos mesmos nomes a organismos máis ou menos similares. Este sistema aínda persiste hoxe en día no que chamamos os “nomes vulgares” dos organismos. Estes nomes son útiles na fala cotidiá pero os naturalistas decatáronse de que precisaban un sistema máis universal e rigoroso de nomear aos organismos.
 
Xa no [[século XVIII]] a taxonomía recibiu un empurrón definitivo grazas ó naturalista sueco [[Carl von Linné]] (Linneo) que tiña a ambición de nomear a tódolos animais, plantas e minerais coñecidos da época. No ano [[1753]] escribiu o libro ''Species Plantarum'' (“Os tipos de plantas”), no que cada tipo de planta era descrito cunha frase cun máximo de 12 palabras (polinomios). Ademais engadiu outra innovación que xa fora empregada antes por Castpar Bauhin (1560-1624): a nomenclatura binomial ou binomios, como o “nome curto” das especies. Nas marxes do seu ''Species Plantarum'', seguido do nome axeitado polinomial de cada especie, escribiu unha soa palabra. Esta palabra, combinada coa primeira palabra do polinomio (hoxe chamada xénero), formaba un nome maísmáis doado de lembrar e curto para cada especie.
 
A [[nomenclatura binomial]] para identificar de xeito unívoco as especies resolvía así os problemas producidos pola variedade de nomes locais. Ó mesmo tempo Linneo propuxo un esquema xerárquico de clasificación, onde as especies moi semellantes se poideran agrupar nun mesmo xénero, os xéneros en familias, e así sucesivamente en ordes, clases, filos e reinos, proporcionando unha imaxe estruturada (como a árbore de Porfirio da metafísica clásica) da relación entre especies. O conxunto dos organismos agrupados segundo as xerarquías anteditas, constitúen os sistemas de clasificación dos organismos que poden ser arbitrarios, se só tentan agrupar os organismos para facilitar a súa determinación de maneira artificiosa, ou naturais, cando as xerarquías se establecen en función das súas semellanzas reais. A palabra “natural” daquela non foi definida cientificamente e no tempo de Linneo só quería dicir que as especies foron creadas “naturalmente” semellantes a algunhas e diferentes doutras. Aínda non xurdira a teoría da Evolución no mundo científico.
 
O termo '''taxonomía''' foi creado en 1813 empregando a devandita grafía polo botánico suizosuízo [[Agustin Pyrame de Candolle]] (1778-1841) na súa ''Teoría elemental da botánica'' ou exposición dos principios de clasificación natural da arte de describir e estudar os vexetais para designar na súa «teoría das clasificacións» o o método e o que el calificou como «bases da botánica filosófica».
 
Aínda que, como o método de [[Jussieu]], utiliza os binomios lineanos e preconiza o «método natural» oposto ó «sistema artificial» de Linneo, a taxonomía proposta por De Candolle alónxase pola importancia dada ós saltos. Mentres que para Linneo e Jussieu, a natureza «non dá saltos», Candolle insiste nas descontinuidades que están na base da noción de taxon, ó mesmo tempo entidade e división. O termo taxonomía é de uso corrente hoxe en día, pero en francés a súa grafía foi corrixida por Emile Littre a ''Taxinomía'', pero a outra grafía segue sendo moi utilizada en Francia, sobre todo grazas á súa conservación da tradución inglésa ''Taxonomy''.
105.197

edicións