Epifanía: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios
Isili0n (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:Epifanía Santo Estevo de Ribas de Miño.jpg|miniatura|dereita|250px|Epifanía en pedra na igrexa de [[Santo Estevo de Ribas de Miño]].]]
A '''Epifanía''' (do [[lingua grega|grego]]: ''ἐπιφάνεια'' que significa "'manifestación; un, fenómeno milagroso"') é unha festa relixiosa [[cristiá]] segundo a cal [[Xesucristo|Xesús]] toma unha presenza humana na terra, é dicir Xesús dáse a coñecer.
 
==Características==
Liña 6:
O termo Epifanía é utilizado, segundo Giacomo Cannobio, nos [[1970|70]] para traducir o concepto de "gloria de Deus" que indica as pegadas do seu paso ou, máis simplemente a súa presenza.
 
No [[Novo Testamento]], nas [[Epístolas paulinas|cartas paulinas]] tardías, refírese á entrada de [[Cristo]] no mundo, presentada como a do emperador que vén tomar posesión do seu reino (latín: ''adventus'', de aí o tempo de Adventoadvento como preparación ao Nadal). A partir deste significado, o termo usouse en Oriente para indicar a manifestación de Cristo na carne e a continuación, a partir do [[século IX]], para designar a festa da revelación de Xesús ao mundo pagán. Esta é a festa que se segue celebrando o día [[6 de xaneiro]].
 
Na narración da [[Biblia]] Xesús deuse a coñecer a diferentes persoas e en diferentes momentos, pero o mundo cristián celebra como epifanías tres eventos, a saber: a Epifanía ante os [[Reis Magos]] (tal e como se relata en Mateo 2, 1-12) e que é celebrada o día [[6 de xaneiro]] de cada ano; a Epifanía a [[Xoán Bautista|Sansan Xoán Bautista]] no [[río Xordán|Xordán]]; e a Epifanía aos seus discípulos e comezo da súa vida pública co [[Vodas de Caná|milagre en Caná]] no que inicia a súa actuación pública.
 
En realidade a festa de epifanía que máis se celebra é a que corresponde ao día 6 de xaneiro de cada ano na que os tres [[Reis Magos]], segundo a tradición (nas traducións de [[Biblia]]s protestantes, e xa actualmente nas últimas traducións das biblias católicas, elaboradas en colaboración [[ecumenismo|ecuménica]] e interconfesional, menciónase o adxectivo ''sabios'') denominados: [[Rei Melchor|Melchor]], [[Rei Gaspar|Gaspar]] e [[Rei Baltasar|Baltasar]] que aparecen do Oriente para [[adoración dos tres Reis Magos|adorar]] a primeira ''manifestación'' de [[Xesús]] como neno ofrecendo tres agasallos simbólicos: [[ouro]], [[incenso]] e [[mirra]]. En realidade, a Biblia non fala do número dos magos, ou sabios, nin tampouco dos seus nomes. Foi a tradición posterior a que identificou o seu número e nomes.