Sentido (bioloxía): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
ligazón
Liña 8:
* O '''[[Gusto|sentido do gusto]]''' ou do '''sabor''' ('''gustación''') é un dos dous sentidos '''''químicos''''' do organismo. É ben sabido que existen polo menos catro tipos de sabores distintos <ref>Salgado, doce, ácido e amargo.</ref> e, consecuentemente, de receptores na [[lingua (anatomía)|lingua]] e polo tanto, como é de esperar, son os [[anatomía|anatomistas]] os que discuten se estes constitúen un, catro ou máis sentidos, dado que cada receptor transporta a información a unha rexión lixeiramente diferente do cerebro. Os catro receptores ben coñecidos son os que detectan o doce, o salgado, o amargo e o ácido, aínda que os receptores para doce e amargo non se identificaron de maneira definitiva. Un quinto receptor para unha sensación chamada ''[[umami]]'' foi descrito por primeira vez en [[1908]] e a súa existencia confirmada no ano [[2000]]. O receptor do umami detecta o aminoácido [[ácido glutámico]], un sabor encontrado comunmente na carne e en condimentos artificiais, tales como o [[glutamato monosódico]].<ref>O glutamato monosódico, sal monosódico do ácido glutámico, de fórmula HOOC─CH(NH2)─CH2─CH2─COONa, é un po cristalino de cor branca, solúbel en auga e con sabor a carne, que se obtén por hidrólise de proteínas vexetais e se emprega para dar sabor aos alimentos e na fabricación industrial se sopas, pratos cociñados e salsas de sabor a ''carne de polo''; é un aditivo presente en alimentos preparados, como sopas, cremas, ''caldo en pastillas'' etc. O seu uso na [[industria conserveira]] de peixe está prohibido.</ref>
* O '''[[sentido do oído]]''' ou da '''audición''' é o sentido da percepción de vibracións do aire que oscilen entre os 20 e os 20.000 [[Hercio|Hz]]. O [[son]] pódese detectar tamén como vibracións conducidas a través do corpo polo [[tacto]]. As frecuencias que están fóra do campo citado, máis baixas (infrasons) e máis altas (ultrasóns), só se detectan desta maneira.
* O '''[[Olfacto|sentido do olfacto]]''' ou do '''olor''' ([[olfacto|olfación]]) é o outro sentido ''químico''. É diferente do gusto, porque hai centenares de receptores olfactivos, cada un adaptado para unirse a unha molécula de características particulares, segundo a teoría actual. No cerebro, o olfacto procésase polo [[sistema olfactivo]]. As [[neurona]]s olfactivas do receptor no [[nariz]] diferéncianse da maioría das outras neuronas en que morren e se rexeneran regularmente.
:: Cómpre sinalar que nos organismos acuáticos non hai diferenzas importantes entre o olor e o gusto.
:: [[Richard Axel]] e [[Linda B. Buck]] obtiveron o [[premio Nobel]] de [[2004]] en [[Premio Nobel|fisioloxía e medicina]] polo seu traballo sobre o olfacto, publicado primeiro nun artigo en [[1991]] no que se describía a gran familia de cerca de mil [[xene]]s que codifican os receptores do olor e como os receptores se relacionan co cerebro.