Mouro (mitoloxía): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 3:
Nembargantes a palabra mouro también refírese a un pobo de criaturas sobrenaturais de natureza feérica, presentes en mitos e relatos extendidos polo norte da península ibérica, e presentados como non bautizados e pagáns, que noutro tempo tamén eran coñecidos como Xentís. Os varóns eran escuros e en ocasións deformes, e as mulleres eran fermosas feiticeiras rubias e de tez branca, aínda que nalgúns relatos populares asociánse coa apariencia de vellas bruxas e [[meigas]].
 
Nos relatos os mouros aparecen como constructores e habitantes de [[mámoa]]s, túmulos funerarios, [[castro]]s, minas romanas e por extensión todo tipo de ruina con orixes inmemoriais, coma os castelos medievais ou algúns pazos do século XVII con entradas en forma de arcada. Nalgúns relatos os mouros e mouras aparecen como custodios de fabulosos tesouros, que constitúen a orixe da riqueza de varias familias.
 
Co paso do tempo estas criaturas paganas foron relacionadas á presencia musulmana na península ibérica, e moitos relatos asumen que chegaron cos invasores do norte de África.