Mouro (mitoloxía): Diferenzas entre revisións

pobo de criaturas sobrenaturais en mitos do noroeste da Península Ibérica
Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: Polo xeral a palabra '''mouro''' soe identificarse como procedente do latín "maurus", escuro, e referiríase a xentes escuras, asociadas principalmente ós pobos do Magreb e por exten...
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 4 de xullo de 2007 ás 09:18

Polo xeral a palabra mouro soe identificarse como procedente do latín "maurus", escuro, e referiríase a xentes escuras, asociadas principalmente ós pobos do Magreb e por extensión a tódolos musulmáns. Soe ter un sentido pexorativo.

Nembargantes a palabra mouro también refírese a un pobo de criaturas sobrenaturais de natureza feérica, presentes en mitos e relatos extendidos polo norte da península ibérica, e presentados como non bautizados e pagáns, que noutro tempo tamén eran coñecidos como Xentís. Os varóns eran escuros e en ocasións deformes, e as mulleres eran fermosas feiticeiras rubias e de tez branca, aínda que nalgúns relatos populares asociánse coa apariencia de vellas bruxas e meigas.

Nos relatos os mouros aparecen como constructores e habitantes de mámoas túmulos funerarios, castros, minas romanas e por extensión todo tipo de ruina con orixes inmemoriais, coma os castelos medievais ou algúns pazos do século XVII con entradas en forma de arcada. Nalgúns relatos os mouros e mouras aparecen como custodios de fabulosos tesouros, que constitúen a orixe da riqueza de varias familias.

Co paso do tempo estas criaturas paganas foron relacionadas á presencia musulmana na península ibérica, e moitos relatos asumen que chegaron cos invasores do norte de África.