Dialéctica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Ligazóns externas: Arranxos varios
texto traducido desde a wiki .es:Dialéctica
Liña 2:
[[Ficheiro:Platon et Aristote par Della Robbia détail.jpg|thumb|300px|[[Platón]] e [[Aristóteles]] discutindo. Detalle dun baixorrelevo de [[Luca della Robbia]], século XV, [[Florencia]], [[Italia]].]]
 
A '''dialéctica''', que vén --do [[Lingua grega|grego]] διαλεκτική (''διαλεκτικήdialektik?''), a través do filtro do [[Lingua latina|latín]]τέχνη (''dialectĭcatékhnē''), éliteralmente: un''técnica métododa deconversación''; [[diálogo]]con cuxoigual focosignificado, éen alatín contraposición''(ars) dedialectica''-- ideasé queunha levarama a outras ideas e que ten sido un tema central nada [[filosofía]] [[Occidente|occidental]] e [[Oriente|oriental]] desde os tempos antigos. O seucuxo ámbito e alcance variaronvariou significativamente ao correrlongo da [[historia]].
 
Orixinariamente designaba un método de conversación ou argumentación análogo ao que actualmente se chama [[lóxica]]. No [[século XVIII]] o termo adquiriu un novo significado: a teoría dos contrapostos nas cousas ou nos conceptos, así como a detección e superación destes contrapostos. De maneira máis esquemática pode definirse a dialéctica como o discurso no que se contrapón unha determinada concepción ou tradición, entendida como [[Tese (lóxica)|tese]], e a mostra dos problemas e contradicións, entendida como [[antítese]]. Desta confrontación xorde, nun terceiro momento chamado síntese, unha resolución ou unha nova comprensión do problema. Este esquema xeral pode concretarse como a contraposición entre concepto e cousa na [[teoría do coñecemento]], á contraposición entre os diferentes participantes nunha discusión e as contraposicións reais na [[natureza]] ou na [[sociedade]], entre outras.
 
O termo adquire un significado non circunscripto ao ámbito da retórica grazas, fundamentalmente, aos escritos do filósofo alemán [[Georg Wilhelm Friedrich Hegel|G.W.F. Hegel]]. Na época en que escribe unha das súas grandes obras (''[[Fenomenoloxía do espírito]]'', 1808) o mundo parece poñerse en movemento, transformando de forma visible o que durara séculos. Trátase dos primeiros momentos do modo de produción capitalista que, a diferenza dos anteriores, baséase primordialmente na circulación das mercadorías e do diñeiro. Entón o vello problema filosófico do cambio agudízase: como entender racionalmente que unha cousa poida cambiar de aparencia e seguir sendo a mesma cousa? Hegel concibe a realidade como formada por opostos que, no conflito inevitable que xorde, procrean novos conceptos que, en contacto coa realidade, entran en contraposición sempre con algo. Este esquema é o que permite explicar o cambio mantendo a identidade de cada elemento, a pesar de que o conxunto cambiase.
 
Co mesmo proceder [[Karl Marx]] analizará a realidade social e, claramente nos seus escritos a partir de 1842, entenderaa como unha realidade conflitiva debido á contraposición de intereses materiais incompatibles. Así dirá, no ''[[Manifesto comunista]]'' (1848), que "toda a historia da humanidade ata agora é a historia da loita de clases"; isto é: a confrontación entre clases sociais é o motor do cambio histórico.
 
No século XX o filósofo alemán [[Theodor Adorno]] titulará ''[[Negative Dialektik]]'' (''Dialéctica negativa'') (1966) unha das súas obras capitais. Esta obra iníciase cunha afirmación provocativa: "''A formulación dialéctica negativa atenta contra a tradición''". Refírese Adorno a que na dialéctica de Platón ou na de Hegel o resultado do movemento de contraposición é a afirmación de algo, mentres que o que el pretende é subliñar o carácter inconcluso de calquera momento do movemento de contraposición, tanto a nivel social como cultural.
 
== Véxase tamén ==