Sveriges Television: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎top: Arranxos varios
Liña 36:
A base da cadea de televisión está na emisora de radio [[Sveriges Radio]] (nos seus inicios, Radiotjänst), organismo creado en [[1925]].
 
Radiotjänst comezou a facer probas do sinal de televisión en [[1954]] desde a [[Universidade Tecnolóxica Real]] de [[Estocolmo]], e a cadea de televisión comezou en periodoperíodo de probas desde o [[4 de setembro]] de [[1956]] como ''Radiotjänst TV''. Estableceuse posteriormente que dita cadea financiaríase a través dun canon televisivo, do mesmo xeito que o servizo de radio. En [[1957]], momento no que comezaron as emisións regulares da cadea de televisión, Radiotjänst pasou a chamarse [[Sveriges Radio]] (SR). Un ano despois iniciaríanse os servizos informativos (Aktuellt)
 
En [[1966]] comezaron a emitir en cor (de forma continua en [[1970]]) e a súa segunda cadea de televisión nacería o [[5 de decembro]] de [[1969]]. A intención da creación da segunda cadea era fomentar unha competencia entre ambas cadeas, que pasarían a chamarse TV1 e TV2. Tamén nacerían as desconexións rexionais a comezos dos anos 70.
 
En [[1979]] Sveriges Radio sufriu unha importante remodelación. Pasaría a haber unha empresa, Sveriges Radio AB, que aglutinase 4 compañías: Sveriges Radio (SR, Radio nacional), Sveriges Lokalradio (LRAB, radio local; máis tarde fusionaríase con SR), [[Sveriges Utbildningsradio]] (UR, televisión educacional), e Sveriges Television (SVT, televisión). Desde ese momento, a SVT iría por separado dentro de unadunha mesma compañía.
 
Durante os anos 80 produciuse outra reestruturación das cadeas: TV1, unha televisión centralizada na sede de [[Estocolmo]], e TV2 con desconexións territoriais, con ambas cadeas competindo entre si. En [[1988]] a cadea pasaría a emitir por completo en [[Son estereofónico|Stereo]], e tamén lanzaría unha cadea vía satélite chamado TV4 (actualmente, [[SVT Europa]]), que nun principio emitiría só para o Sur de [[Finlandia]] pero que co aumento da súa cobertura en [[1997]] converteríase na cadea europea de SVT.
Liña 48:
En [[1994]] a cadea pasou a estar controlada por unha Fundación cuxo obxectivo é "garantir a independencia dos organismos públicos de radiodifusión"<ref>[http://svt.se/content/1/c6/33/03/52/spanska-total.pdf PDF de Sveriges Television (en castelán)]</ref> produciuse unha nova reestruturación na que as dúas cadeas deixarían de competir entre si, e pasaban a chamarse [[SVT 1]] e [[SVT 2]].
 
En [[1999]] comezaron as probas de emisión de cadeas en [[Televisión Dixital Terrestre]], lanzando varias cadeas rexionais e o especializado en informativos SVT24. En [[2001]] prodúcese unha remodelación completa na organización, que ata cambia de logo, e que levou a unha reorganización importante na que SVT1 pasaría a ser a cadea xeneralistaxeralista e SVT2 dedicaríase a unha audiencia máis xuvenil.
 
Sveriges Television comezou os seus servizos de [[vídeo baixo demanda]] en [[Internet]] en [[2006]], a emisión dunha cadea en [[alta definición]] chamado SVT HD, e desde [[2005]] levou a cabo a transición do analóxico ao dixital, completada en [[2007]]. En 2008 cambiou os logotipos de SVT1, SVT2 e Barnkanalen que pasou a chamarse SVTB.