Rafail Korsak: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 22:
== Traxectoria ==
Korsak naceu preto de [[Navahrudak]] nunha familia nobre [[calvinismo|calvinista]]. Estudou cos [[xesuíta]]s en [[Niasviž]] e en [[Vilnius]], e posteriormente no colexio pontificio de [[Braniewo]] e novamente cos xesuítas en [[Praga]]. Xunto a eles, convertiuse ao [[Igrexa católica|catolicismo]], entrando na [[Igrexa católica latina]], e posteriormente, co apoio do metropolita [[Yosyf Rutskyi]], pasou á [[Igrexa católica bizantina ucraína|Igrexa grecocatólica]]. En 1620 ingresou na [[Orde de San Basilio Magno]], tomando o nome relixioso de "Rafail" e facendo o noviciado no mosteiro de Byten. Entre decembro de 1621 e novembro de 1624 estudou no [[Pontificio Colexio Grego]] de [[Roma]], e posteriormente foi elixido para servir como bispo no seu país.
 
En [[1625]] Korsak pasou a ser arquimandrita do [[Igrexa da Santa Trindade de Vilnius|mosteiro da Santa Trindade de Vilnius]], e en 1626 protoarquimandrita da orde basiliana (cargo no que permaneceu até 1636) e en setembro do mesmo ano foi consagrado bispo coadxutor do metropolita Rutskyi con dereito de sucesión, sendo confirmado pola Santa Sé o [[9 de marzo]] de [[1631]] malia as dúbidas iniciais do rei por mor da súa idade. En [[1632]] foi nomeado bispo de [[eparquía católica ucraína de Pinsk|Pinsk]].
 
== Véxase tamén ==