Rafail Korsak: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 21:
'''Rafail Mykola Korsak''' (en {{lang-uk|Рафаїл Микола Корсак}}; en {{lang-pl|Rafał Mikołaj Korsak}}; en {{lang-be|Рафаіл Мікалай Корсак}}), nado arredor de [[1599]] preto de [[Navahrudak]] ([[Gran Ducado de Lituania]], hoxe [[Bielorrusia]]) e finado o [[28 de agosto]] de [[1640]], foi un eclesiástico [[Igrexa Católica Bizantina Ucraína|grecocatólico ruteno]], [[metrópole católica ucraína de Kiev e Galicia|metropolita de Kiev e Galicia]] dende [[1637]] até a súa morte.
== Traxectoria ==
Korsak naceu preto de [[Navahrudak]] nunha familia nobre [[calvinismo|calvinista]]. Estudou cos [[xesuíta]]s en [[Niasviž]] e en [[Vilnius]], e posteriormente no colexio pontificio de [[Braniewo]] e novamente cos xesuítas en [[Praga]]. Xunto a eles, convertiuse ao [[Igrexa católica|catolicismo]], entrando na [[Igrexa católica latina]], e posteriormente, co apoio do metropolita [[Yosyf Rutskyi]], pasou á [[Igrexa católica bizantina ucraína|Igrexa grecocatólica]]. En 1620 ingresou na [[Orde de San Basilio Magno]], tomando o nome relixioso de "Rafail" e facendo o noviciado no mosteiro de Byten. Entre decembro de 1621 e novembro de 1624 estudou no [[Pontificio Colexio Grego]] de [[Roma]], e posteriormente foi elixido para servir como bispo no seu país.
 
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===