Anarquismo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Humanismo: Humanismo filosofía
As modificacións feitas responden a unha intención de visualizar unha das opresións máis fortes e aínda vixentes hoxe en día sen embargo menos presentes na loita obreira: o antiespecismo (abolición da supremacía da especie humana sobre as demáis)
Liña 3:
 
[[Ficheiro:Anarchy-symbol.svg|miniatura|dereita|'''A de anarquía''', un dos [[Símbolos anarquistas#"A" circulada|símbolos anarquistas]] máis famosos.]]
O '''anarquismo''' é unha [[ideoloxía|ideoloxía política]], [[filosofía social|corrente filosófica]] e [[movemento social]] [[radicalidade|radical]] que chama á oposición e abolición de toda [[autoridade]], [[xerarquía]] e forma de [[control social]] por consideralas indesexables, innecesarias e nocivas<ref>O [http://www.edu.xunta.es/diccionarios/ListaDefinicion.jsp?IDXT=01360 Dicionario da Real Academia Galega], por exemplo, define anarquismo coma a "doutrina política que propugna unha sociedade sen estado nin institucións que priven ó individuo da súa liberdade".</ref>. Os tipos de autoridade rexeitados polos anarquistas inclúen os de tipo político (o [[Estado]]), económico (o [[capitalismo]]), relixioso (a [[Congregación|Igrexa]]), cultural (o [[patriarca]]do), industrial (o [[especismo]]) ou calquera outra forma de [[represión|opresión]] e [[explotación social|explotación]]. Do mesmo xeito, os anarquistas pretenden abolir todo tipo de tratados ou normas impostas (é dicir, aquelas que sexan establecidas por imposición e sen a aprobación, mediante consenso, de todas as persoas), así coma as súas principais ferramentas de [[coerción]] e [[violencia]], para conseguir rematar cos diversos tipos de dominación do ser humano polos seus conxéneres.
 
A intención é desenvolver e conseguir a [[anarquía]], que recoñece a plena liberdade e [[autogoberno|autonomía]] dos [[individuo]]s, configurando [[sociedades]] a [[escala humana]] ou, máis exactamente, en [[comunidades]], baseadas no modelo [[libertario]] de [[comuna autónoma]], que tería por fundamentos a [[asociación voluntaria]], a [[horizontalidade]], a iniciativa individual e o [[axuda mutua|apoio mutuo]] ou [[Solidariedade (socioloxía)|solidariedade]] recíproca. Existen varios métodos propostos polas diversas escolas e tendencias xurdidas no movemento anarquista para a consecución destes fins, sempre a través de [[ética da acción|medios concordantes]] con eles como son os [[conceptos anarquistas|conceptos]] da [[autoxestión]], a [[acción directa]] e [[acción de base|de base]].
Liña 233:
* [[Símbolos anarquistas|Simboloxía anarquista]]
* [[Autoorganización#Autoorganización política|Autoorganización política]]
* [[Antiespecismo]]
* [[Veganismo]]
 
=== Ligazóns externas ===