Diferenzas entre revisións de «Igor Stravinskii»

m
=== Período ruso (c. 1908 – 1919) ===
[[Ficheiro:Stravinsky rimsky-korsakov.jpg|thumb|Stravinskii e Rimskii-Korsakov (sentados xuntos á esquerda) en 1908.]]
O primeiro período estilístico de Stravinskii (que exclúe algunhas das súas obras menores temperás) comeza con ''[[Feu d'artifice]]'' (''Fogos de artificio'') e inclúe os tres [[ballet]]s compostos para [[Serguei Diaguilev]]. Estas tres composición teñen varias características en común: están escritas para unha orquestra extremádamente grande; empregan [[música rusa|temas e motivos folklóricosfolclóricos rusos]]. Tamén exiben un desenvolvemento estilístico considerable, dende ''[[L'Oiseau de feu]]'' (''O paxaro de lume''), que enfatiza certas tendencias en Rimsky-Korsakov e conta cun [[pandiatónico|pandiatonicismo]] notable no terceiro movemento, ao emprego da [[politonalidade]]en ''[[Petrushka]]'' e as intencionadamente brutais [[polirritmia]]s e [[Consonancia e disonancia|disonancias]] de ''[[Le Sacre du printemps]]'' (''A consagración da primavera'').
 
Se a intención de Stravinskii era "mandalos a todos ao inferno",<ref>Wenborn 1985, p. 17, alude ao seu comentario, sen dar unha fonte específica.</ref> entón puido ter clasificado a estrea de ''Le Sacre du printemps'' en [[1913]] como un éxito: é un famoso [[motín da música clásica]] e Stravinskii refírese a ela en moitas ocasións na súa autobiografía como un ''scandale''.<ref>Stravinsky 1936</ref> Houbo informes de pelexas con puños entre a audiencia e a necesidade de presenza policial durante o segundo acto. O alcance real do tumulto está aberto ao debate e os informes poden ser apócrifos.<ref>See Eksteins 1989, pp. 10–16, para unha visión xeral da reportaxe contraditoria do evento polos participantes e a prensa.</ref> Outras obras do período ruso inclúen: ''[[Le Rossignol]]''; ''[[Renard (Stravinsky)|Renard]]'' (1916); ''[[Histoire du soldat]]'' (1918); e ''[[Les noces]]'' (''The Wedding'') (1923).
105.221

edicións