Equisetáceas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 43:
As '''equisetáceas''' ('''''Equisetaceae''''') son unha familia monotípica (cun só xénero vivente, ''[[Equisetum]]'') de plantas vasculares que se reproducen por esporas, xeralmente chamadas rabos de cabalo, entre outros nomes.
 
'''''Equisetum''''' é o único xénero vivente de todas as [[equisetópsidas]], as cales teñen un extenso rexistro fósil entre o [[Devónico]] e o [[Carbonífero]]. As equisetáceas son morfoloxicamente moi distintivas, cun talo con estriacións, follas reducidas dispostas en verticilos e follas fértiles transformadas en esporanxióforos unidas en estróbilos terminais. Este xénero consta de 15 especies agrupadas en dous subxéneros e unha especie adicional (''[[Equisetum bogotense]]'' <small>[[Kunth]]</small>, a única suramericana), que é irmá das outras 14. As especies dentro de cada subxénero hibridan doadamente.
 
Ademais, hai algunhas especies fósiles que non se poden asignar ao xénero moderno. ''Equisetites'' é un taxon artificial no que se xuntan toda clase de rabos de cabalo grandes do [[Mesozoico]]; case son seguridade é [[parafilético]].