Diferenzas entre revisións de «Equisetáceas»

Os talos (caules) presentan nós e entrenós ben diferenciados, e os nós parecen inchados e articulados. A superficie do talo nos estrenós éestriada: presenta cristas e vales lonxitudinais (pregamentos, estrías, carenas e valéculas), carácter único en monilófitas. As células da epiderme do talo depositan sílice na superficie do talo que actúa como reforzo de sostén. O talo é usualmente oco, observándose no corte transversal do talo un oco central e outros ocos pequeñiños do lado interno das cristas e os vales.
 
As follas (eufilos reducidos) son moi pequenas (menos de 2 cm de longo normalmente) e teñen aspecto escamoso, disóñense arredor do talo de forma verticilada (máis de dúas follas no mesmo nó) e son connadas (están soldadas entre si pola súa base), formando unha vaíña ou coroa que ás veces está máis ou menos engrosada. As follas só son fotosintéticas ao principio. Só teñen un [[feixe vascular]] non ramificado.
 
<center>
194.381

edicións