Imposto sobre a renda: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Unhanova (conversa | contribucións)
poda - poida
Liña 18:
Existen múltiples teorías contraditorias respecto ao impacto económico dos impostos sobre a renda sendo estes impostos amplamente considerados como impostos progresivos, o que significa que a súa incidencia aumenta cos ingresos.
 
Dentro dos códigos tributarios adoitan xurdir estratexias de evasión de impostos e as lagoas xurídicas tenden a emerxer dentro dos códigos fiscais. Estas créanse cando os contribuíntes atopan métodos legais para evitar o pagamento de impostos. Entón, os lexisladores tratan de pechar as lagoas xurídicas con lexislación adicional. Isto conduce a un círculo vicioso de estratexias de evasión e lexislación aínda máis complexas. Este círculo vicioso tende a beneficiar ás grandes empresas e ás persoas solventes que poden permitirse os honorarios dun profesional que suxerirá planificacións fiscais cada vez máis sofisticadas. Deste xeito cuestiónase a idea de que incluso un sistema de impostos sobre a renda marxinal podapoida chamarse apropiadamente imposto progresivo.
 
Os aumento do custo da man de obra e capital provocados polo imposto sobre a renda causan perdas de eficiencia nas economías, como é a perda da actividade económica dos individuos que deciden non investir capital ou utilizar o tempo de maneira produtiva debido á carga fiscal que xerarían esas actividades. Hai tamén unha perda de persoas e asesores profesionais que dedican tempo a deseñar comportamentos de evasión fiscal en lugar de a actividades economicamente rendibles.