Neoplatonismo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios, replaced: {{listaref|2}} → {{Listaref|30em}} using AWB
Unhanova (conversa | contribucións)
poda - poida
Liña 17:
O Un da teoría de Plotino é indescritíbel, xa que é a unidade, o máis grande, até tal punto que ás veces denomínao o propio autor como [[Deus]], único, infinito. Plotino antes de querer corrixir, prefire gardar silencio que dicir algo. Unha actitude claramente mística. Como principio e última realidade, esta absoluta transcendencia fai que non existan termos para referila. Trátase entón da Unidade que funda a existencia de todas as cousas. É ese o centro de toda a súa doutrina. O Un está máis alá do Ser e, polo tanto, non hai ningunha definición que describa positivamente ao Un e opta pola vía negativa. Elude a súa comprensión porque a considera imposíbel segundo a modalidade humana de coñecer.
 
A seguinte realidade o hipóstase é o ''nous''. Non hai unha tradución adecuada, pero algúns autores identifícano con espírito, mentres que outros prefiren falar de intelixencia, pero esta vez non cun sentido místico senón intelectual. A explicación do "nous" por Plotino parte da semellanza entre o Sol e a Luz. O Un sería como o Sol e a Luz como o nous. A función do nous como luz é a de que o Un podapoida verse a si mesmo, pero como é imaxe do Un, é a porta pola que nós podemos ver ao Un. Plotino afirma que o nous é observábel simplemente aplicando as nosas mentes en dirección oposta aos nosos sentidos.
 
Este concepto está tomado da noción de dialéctica de ''A República'' onde nun proceso similar dise que conduce á visión da forma do Ben, non do Ben mesmo.