Georg Wilhelm Friedrich Hegel: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
Isili0n (conversa | contribucións)
Liña 76:
 
== Pensamento ==
As orixes do sistema de Hegel remóntanse á filosofía grega clásica. O pensamento hegeliano está profundamente vinculado á concepción dialéctica de Heráclito, ao idealismo de Platón e ao edificio conceptual de Aristóteles.
 
=== Liberdade ===
Liña 99 ⟶ 100:
=== Sociedade civil ===
Hegel fixo a distinción entre sociedade civil e Estado en ''[[Grundlinien der Philosophie des Rechts]]'' (''Elementos da filosofía do dereito''). Nesta obra, a sociedade civil (Hegel empregou o termo ''bürgerliche Gesellschaft'' aínda que agora se coñece en alemán como ''Zivilgesellschaft'' para enfatizar unha comunidade máis inclusiva) foi unha etapa na [[Dialéctica|relación dialéctica]] que se produce entre os opostos percibidos por Hegel, a macrocomunidade do [[Estado]] e a microcomunidade da familia. En termos xerais, o termo foi dividido, coma os seguidores de Hegel, en [[Esquerda política|esquerda]] e [[Dereita política|dereita]] políticas. Na esquerda converteuse na base da sociedade civil de [[Karl Marx]] como [[Infraestrutura e superestrutura|base económica]]; na dereita converteuse nunha descrición para todos os aspectos non-estatais (e o Estado é o cumio do espírito obxectivo) da sociedade, incluíndo a cultura, a sociedade e a política. Esta distinción liberal entre [[Estado|sociedade política]] e [[sociedade civil]] seguiuna [[Alexis de Tocqueville]]. De feito, as distincións de Hegel en canto ao que entendía como sociedade civil adoito non están claras. Por exemplo, se ben parece que unha sociedade civil coma a alemá na que vivía era un movemento inevitábel da dialéctica, abriu o camiño para a colisión doutros tipos de sociedades «menos» e non plenamente realizadas, xa que estas sociedade non eran plenamente conscientes ou non estaban ben informadas, por así decilo, da falla de progreso nas súas sociedades. Polo tanto, era perfectamente lexítimo, aos ollos de Hegel, que un conquistador coma Napoleón, viñese e destruíse o que non estaba plenamente realizado.
 
=== Estado ===
O Estado para Hegel é a culminación final da encarnación da liberdade ou do dereito (''Rechte'') en ''[[Grundlinien der Philosophie des Rechts]]''. O Estado engloba a familia e a sociedade civil e satisfanos. Os tres xuntos chámanse «vida ética» (''[[Sittlichkeit]]''). O Estado participa en tres «momentos». Nun Estado Hegeliano, os cidadáns coñecen e elixen o seu lugar. Ambos coñecen as súas obrigas e elixen cumprilas. «O deber supremo dun individuo é ser membro do Estado» (''Grundlinien der Philosophie des Rechts'', sección 258). O individuo ten «liberdade substancial no Estado». O Estado é «espírito obxectivo» e «é só por ser membro do Estado que o individuo mesmo ten obxectividade, verdade e vida ética» (sección 258). Cada membro, ademais, ama o Estado con xenuíno patriotismo, mais transcendeu o mero «espírito de equipo» referendando a súa cidadanía. Os membros dun Estado hegeliano están felices incluso se teñen que sacrificar as súas vidas polo Estado.
 
=== Heráclito ===
Segundo Hegel «[[Heráclito de Éfeso|Heráclito]] é o primeiro en declarar a natureza da natureza infinita e da primeira capturada como en si mesma infinita, é dicir, a súa esencia como proceso. A orixe da filosofía debe ser datada dende Heráclito. A súa é a ''idea'' persistente que é a mesma en todos os filósofos ata a actualidade, como o foi a ''idea'' de Platón e Aristóteles». Para Hegel, os grandes logros de Heráclito foron comprender a natureza do infinito, que para Hegel inclúe comprender a contradición e negatividade inherentes da realidade, e comprender que a realidade é devir ou proceso, e que o «ser» e a «nada» son mera abstracción baleira. Segundo Hegel, a escuridade de Heráclito provén de ser un verdadeiro filósofo (en termos de Hegel ''especulativo'') que captaba a verdade filosófica última e polo tanto expresábase dun xeito que ía máis aló da natureza abstracta e limitada do senso común. Hegel afirmou que en Heráclito tiña un antecedente para a súa lóxica: «... non hai proposición de Heráclito que non adoptase na miña lóxica».
 
Hegel cita unha serie de fragmentos de Heráclito nas súas ''Vorlesungen über die Geschichte der Philosophie'' (''Leccións sobre a historia da filosofía''). Un ao cal atribúe grande importancia é o fragmento que traduce como «Ser non é máis que non ser», que na súa interpretación significa:<blockquote>''Sein und Nichts sei dasselbe'' (''Ser e non ser son o mesmo'').</blockquote>
 
== Obra ==