Kilt: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Prohibición e supervivencia: Bot: Arranxos varios
Unhanova (conversa | contribucións)
Cambio de "prenda" por "peza de roupa" ou "peza"
Liña 24:
Foi popularizada durante o Rexurdimento do [[século XIX]] en [[Escocia]]. Desde finais do [[século XX]], o kilt comezou tamén a ser adoptado progresivamente no resto dos [[Nacións celtas|países celtas]] como un sinal da moderna [[celtismo|identidade celta]] e de rexurdimento histórico en certos contextos folclóricos.
 
Malia que o kilt é comunmente asociado só a [[Escocia]], onde esta prendapeza de roupa é o traxe nacional desde hai dous séculos, o certo é que a saia masculina non é unicamente escocesa senón que é parte dunha máis extensa moda europea.
 
No espazo cultural atlántico sempre houbo intercambios desde moi antigo, e estes intercambios continúan a darse hoxe baixo diversas formas.
Liña 34:
Seguindo o exemplo de irlandeses, os entusiastas da identidade nacional galesa adoptaron un tartán nacional galés para identificar ao País de Gales en kilt. O Welsh National tartan leva unha combinación simples de liñas verdes e vermellas sobre un fondo verde, representando as cores da bandeira nacional galesa.
Galegos, bretóns, e cornualleses foron os seguintes en ir acollendo a noción do kilt ou saia celta como prendapeza de roupa que representa un ideal de irmandade cultural entre as fisterras celtas do Atlántico.
 
Cornualleses e bretóns teñen os tartáns Cornish National e Brittany National para representar aos seus respectivos países en kilt. O Cornish National tartan inclúe as cores negra e branca da bandeira nacional sobre un amarelo que representa a liñaxe de reis cornualleses. O Brittany National ten unha laboriosa combinación de fíos cuxas cores representan o branco da bandeira, o verde do país e o azul do Atlántico.
Liña 42:
Alén do traxe propio tradicional galego; desde hai anos, na Galiza pódense ver kilts ou saias en tartán en eventos culturais como a Festa Castrexa de Xunqueira de Ambía, o Lughnasad de Bretoña, o Intercéltico de Ortigueira, o Intercéltico de Moaña, a Festa da Carballeira de Zas, ou o San Pipote de Bardaos entre outros. Cada ano que pasa, o uso desta saia celta ven sendo máis común tanto entre afeizoados ao revivalismo histórico galego como entre homes que buscan un xeito diferente e elegante de vestir moda.
 
Na Bretaña, un grupo de seareiros da saia celta uniu forzas nunha asociación co fin de promocionar o uso do kit no seu país. Desde o ano 2003, os bretóns da Association Breizhlanders reúnense en festivais folclóricos e conmemoracións de todo tipo para mostrar a vestimenta desta elegante prendapeza de vestir masculina que eles consideran que xa non é unha exclusividade escocesa, senón un símbolo identitario dos celtas modernos.
 
No website desta asociación afirman que «O kilt é o símbolo da vestimenta intercéltica por excelencia». «Todas as persoas xustifican a súa maneira de ser e o seu modo de vivir en base á súa libre pertenza a un grupo cultural. Os bretóns poden vestir o kilt por todas as razóns que se queiran, mais o motivo principal é a vontade de afirmar a diferencia cultural da Bretaña e de achegar ao país as modas que existen nas outras [[nacións celtas]]».