Georg Wilhelm Friedrich Hegel: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
Isili0n (conversa | contribucións)
Liña 93:
Segundo Hegel, a característica principal desta unidade era que evolucionou a través dela mesma e manifestouse en contradición e negación. A [[contradición]] e a negación teñen unha calidade dinámica que en cada punto de cada esfera da [[realidade]] —[[conciencia]], historia, filosofía, arte, natureza e sociedade— conduce a un maior desenvolvemento ata acadar unha unidade [[Racionalidade|racional]] que preserva as contradicións coma fases e subpartes elevándoos (''[[Aufhebung]]'') a unha unidade superior. Todo isto é mental porque é a mente a que pode comprender todas estas fases e subpartes como pasos no seu propio proceso de comprensión. É racional porque a mesma orde subxacente, [[lóxica]] e de desenvolvemento subxace a todos os dominios da realidade e é, en última instancia, a orde do pensamento racional autoconsciente, aínda que só nas últimas etapas do desenvolvemento chegar á plena conciencia de si mesmo. O todo racional, consciente de si mesmo, non é unha cousa ou un [[ser]] que está fóra doutras cousas ou mentes existentes. Máis ben, só chega á súa fin na comprensión filosófica das mentes individuais existentes que, a través da súa propia comprensión, levan este proceso de desenvolvemento a unha comprensión de si mesmo. O pensamento de Hegel é revolucionario na medida en que é unha filosofía de negación absoluta: mentres a negación absoluta estea no centro, a sistematización fica aberta e fai posíbel que os seres humanos se convertan en suxeitos.
 
«Mente» e «espírito» son as traducións galegas do uso de Hegel para o alemán ''[[Geist]]''. Algúns autores argumentaron que estes termos «psicoloxizan» excesivamente a Hegel, implicando unha especie de conciencia incorpórea e solipsista coma a [[pantasma]] ou a «alma». Geist combina o significado de espírito —coma en deus, pantasma ou mente— cunha forza intencional. Na primeira filosofía da natureza de Hegel (borradores de manuscritos escritos durante a súa etapa na Universidade de Jena), a noción de ''Geist'' estaba estreitamente ligada á noción de «éter», da cal Hegel tamén derivou os conceptos de [[espazo]] e [[tempo]]; porén, nos seus traballos posteriores (despois de Jena) non empregou explicitamente a vella noción de «éter».
 
A [[Concepto|concepción]] de Hegel do [[coñecemento]] e mente (e polo tanto tamén da realidade) era a noción fundamental de [[Identidade (filosofía)|identidade]] na [[Subtracción|diferenza]], é dicir, que a mente se [[Exteriorización|exterioriza]] en varias formas e [[Obxecto (filosofía)|obxectos]] que están fóra dela ou se opoñen a ela, e que, ao se recoñecer neles, está consigo mesma nestas manifestacións externas, de xeito que son ao mesmo tempo mente e distintos de mente. Esta noción de identidade na diferenza, que está intimamente ligada á súa concepción de contradición e negatividade, é un trazo principal que diferencia o pensamento de Hegel do doutros filósofos.
 
=== Sociedade civil ===
Hegel fixo a distinción entre sociedade civil e Estado en ''[[Grundlinien der Philosophie des Rechts]]'' (''Elementos da filosofía do dereito''). Nesta obra, a sociedade civil (Hegel empregou o termo ''bürgerliche Gesellschaft'' aínda que agora se coñece en alemán como ''Zivilgesellschaft'' para enfatizar unha comunidade máis inclusiva) foi unha etapa na [[Dialéctica|relación dialéctica]] que se produce entre os opostos percibidos por Hegel, a macrocomunidade do [[Estado]] e a microcomunidade da familia. En termos xerais, o termo foi dividido, coma os seguidores de Hegel, en [[Esquerda política|esquerda]] e [[Dereita política|dereita]] políticas. Na esquerda converteuse na base da sociedade civil de [[Karl Marx]] como [[Infraestrutura e superestrutura|base económica]]; na dereita converteuse nunha descrición para todos os aspectos non-estatais (e o Estado é o cumio do espírito obxectivo) da sociedade, incluíndo a cultura, a sociedade e a política. Esta distinción liberal entre [[Estado|sociedade política]] e [[sociedade civil]] seguiuna [[Alexis de Tocqueville]]. De feito, as distincións de Hegel en canto ao que entendía como sociedade civil adoito non están claras. Por exemplo, se ben parece que unha sociedade civil coma a alemá na que vivía era un movemento inevitábel da dialéctica, abriu o camiño para a colisión doutros tipos de sociedades «menos» e non plenamente realizadas, xa que estas sociedade non eran plenamente conscientes ou non estaban ben informadas, por así decilo, da falla de progreso nas súas sociedades. Polo tanto, era perfectamente lexítimo, aos ollos de Hegel, que un conquistador coma Napoleón, viñese e destruíse o que non estaba plenamente realizado.
 
== Obra ==