Río Obi: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Unhanova (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Unhanova (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 107:
A conca do Irtysh, sobre as súas marxes sur-occidentais e nos vales do Tobol e do Ichim, sitúase no límite do [[clima desértico]] de Casaquistán e é o ámbito da [[estepa]] onde non se encontran árbores. Máis ao norte, a [[taiga]] dáse no clima siberiano de verán fresco e está salpicada de marismas chamadas ''ourmany'', precedendo esta a [[tundra]], que ocupa a parte máis baixa do río.
 
Máis dunha cincuentena de especies de peixes viven na conca do Obi e no extenso estuario. De todas elas, as máis importantes economicamente son algunhas variedades de [[Acipenseridae|esturións]] como o ''Stenodus leucichthyse'', e o ''Coregonus nasuse''. Existen tamén: a [[perca]], o [[Lophius|peixe sapo]], a [[carpa]], o [[lucio]] e o [[alburno]]. A conxelación estacional das augas dos cursos de auga na parte baixa da conca, (desde a confluencia co Tym até o delta) contribúe a unha forte diminución da osixenación das augas, e implica unha elevada mortalidade nos peixes.
 
Entre os [[mamífero]]s presentes no val do Obi e dos seus afluentes é posible descubrir numerosos animais de [[pel]] valiosa, como o [[visón]], a [[marta]] (''Mustela erminea''), a [[lontra]], o [[castor]], pero tamén o [[lobo]], o [[raposo]], o [[alce]], a [[lebre ártica]] e o [[Mus|rato]]. Máis de 170 especies de [[aves]] viven nas ribeiras do río e dos afluentes que o abastecen, entre as que se encontran numerosas [[perdiz|perdices]], [[ganso]]s, [[pato]]s, [[pita do monte|pitas do monte]] ou [[ganga]]s.