Diferenzas entre revisións de «Georg Wilhelm Friedrich Hegel»

A razón pola que esta subsunción ten lugar nunha serie de conceptos é que o método de Hegel, na súa ''Wissenschaft der Logik'' e ''Enzyklopädie'', é comezar con conceptos básicos como o ser e a nada e desenvolvelos a través dunha longa secuencia de elaboracións, incluíndo aqueles xa mencionados. Deste xeito, unha solución que se acada, en principio, na explicación do «infinito verdadeiro» na ''Wissenschaft der Logik'', repítese en novas formas en etapas posteriores, ata «espírito» e «vida ética», no terceiro volume da ''Enzyklopädie''.
 
Deste xeito, Hegel pretende defender o xermolo da verdade no dualismo kantiano contra programas redutivos ou eliminativos como os do materialismo e o empirismo. Coma Platón, co seu dualismo da alma fronte aos apetitos corporais, Kant persegue a capacidade da mente para cuestionar as súas inclinacións ou apetitos sentidos e chegar a un estándar do «deber» (ou, no caso de Platón, o «bo») que trascendetranscende a restrición corporal. Hegel conserva esta preocupación esencial platónica e kantiana en forma de infinidade que vai máis aló do finito (un proceso que Hegel relaciona, de feito, coa «liberdade» e o «deber»), o universal que vai alén do particular (no concepto) e do espírito, incluso mái aló da natureza. Hegel fai estas dualidades intelixíbeis (en última instancia) polo seu argumento do capítulo «Calidade» da súa obra ''Wissenschaft der Logik''. O finito ten que chegar a ser infinito para acadar a realidade. A idea do absoluto exclúe multiplicidade para que o suxeito e o obxectivo logren a síntese para chegar a ser enteiros. Isto débese a que, como Hegel suxire pola súa introdución do concepto de «realidade», o que se determina a si mesmo —en troques de depender das súas relacións con outras cousas polo seu carácter esencial— é máis plenamente «real» (seguindo a etimoloxía latina de «real», que significa 'cousa semellante') que o que non. As cousas finitas non se determinan a si mesmas, porque, como cousas «finitas», o seu carácter esencial está determinado polas súas fronteiras, fronte a outras cousas finitas. Así, para chegar a ser «reais», deben ir alén da súa finitude («a finitude é só como unha trascendenciatranscendencia de si mesma»).
 
O resultado deste argumento é que o finito e o infinito —e por extensión, o particular e o universal, a natureza e a liberdade— non se enfrontan como dúas realidades independentes, senón que no canto disto (en cada caso) é a autotrascendenciaautotranscendencia da primeira. En lugar de salientar a singularidade distintiva de cada factor que complementa e se contradícontradise cos outros —sen explicación— a relación entre finito e infinito (e particular e universal, natureza e liberdade) faise intelixíbe coma un todo en desenvolvemento progresivo e autoperfeccionamento.
 
=== Progreso ===
Os textos místicos de Böhme influíron fortemente a Hegel. Böhme escribira que a caída do home era unha etapa necesaria na evolución do universo. Esta evolución foi, en si mesma, o resultado do desexo de Deus dunha completa autoconciencia. Hegel estaba fascinado polas obras de Kant, Rousseau e [[Johann Wolfgang von Goethe]], así como coa [[Revolución Francesa]]. A filosofía moderna, a cultura e a sociedad parecíanlle a Hegel cargadas de contradicións e tensións, coma as do suxeito e o obxecto de coñecemento, a mente e a natureza, o eu e o [[outro]], a liberdade e a autoridade, o coñecemento e a fe, a [[Ilustración]] e o [[Romanticismo]]. O principal proxecto filosófico de Hegel foi tomar estas contradicións e tensión e interpretalas como parte dunha unidade comprensiva, evolutiva e racional que, en contextos diferentes, el chamou «a idea absoluta» (''[[Wissenschaft der Logik]]'', seccións 1781-3) ou «coñecemento absoluto» (''[[Phänomenologie des Geistes]]'').
 
Segundo Hegel, a característica principal desta unidade era que evolucionou a través dela mesma e manifestouse en contradición e negación. A [[contradición]] e a negación teñen unha calidade dinámica que en cada punto de cada esfera da [[realidade]] —[[conciencia]], historia, filosofía, arte, natureza e sociedade— conduce a un maior desenvolvemento ata acadar unha unidade [[Racionalidade|racional]] que preserva as contradicións coma fases e subpartes elevándoos (''[[Aufhebung]]'') a unha unidade superior. Todo isto é mental porque é a mente a que pode comprender todas estas fases e subpartes como pasos no seu propio proceso de comprensión. É racional porque a mesma orde subxacente, [[lóxica]] e de desenvolvemento subxace a todos os dominios da realidade e é, en última instancia, a orde do pensamento racional autoconsciente, aínda que só nas últimas etapas do desenvolvemento chegar á plena conciencia de si mesmo. O todo racional, consciente de si mesmo, non é unha cousa ou un [[ser]] que está fóra doutras cousas ou mentes existentes. Máis ben, só chega á súa fin na comprensión filosófica das mentes individuais existentes que, a través da súa propia comprensión, levan este proceso de desenvolvemento a unha comprensión de si mesmo. O pensamento de Hegel é revolucionario na medida en que é unha filosofía de negación absoluta: mentres a negación absoluta estea no centro, a sistematización fica aberta e fai posíbel que os seres humanos se convertan en suxeitos.
 
== Obra ==
10.315

edicións