Balneario: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
Jglamela (conversa | contribucións)
Liña 4:
 
== Técnicas e tratamentos ==
Algunhas das técnicas que se utilizan nos balnearios ademais das piscinas termais son baños con [[alga]]s, baños con [[Lama (material)|lama]], baños de pel de [[pomelo]], inhalación de [[vapor]]es, [[hidromasaxe]], chorros de auga, circuítos ao contraxeito etc. No caso dos balnearios mariños, o conxunto de técnicas hidrosaudábeis utilizadas coñécese como [[talasoterapia]]. En canto aos balnearios e centros [[spa]] que empregan o método ayurvédico, os tratamentos aplicados nestes centros teñen como fonte principal o [[āyurveda]] [1], un dos máis antigos e completos sistemas médicos. As instalacións complétanse con outros servizos para o coidado da [[saúde]] como [[masaxe]]s diversas, [[sauna]]s (turca, finlandesa, vaporarium etc.), [[Radiaciónradiación ultravioleta|raios UVA]], [[solario (aparello)|solario]], [[ximnasio]], camas de auga, tratamentos de [[beleza]] etc.
 
Cando non é posible que estea en lugares onde existan corpos de auga natural termal, utilízanse estanques cheos de auga quentada en [[caldeira]]s a [[gas]] ou outro [[combustible]]. Para os efectos de entretemento, comunmente atópanse nestes lugares tobogáns, piscinas de pouca profundidade para nenos, lagos artificiais para remo, estanques con [[onda (mar)|ondas]] artificiais e [[río]]s de diferentes correntes xeradas tamén de xeito artificial.