Carbohidrato: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
m Desfixéronse as edicións de 181.208.187.23 (conversa); cambiado á última versión feita por Chairego apc
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 4:
Os '''carbohidratos''', tamén denominados '''glícidos''', '''sacáridos''' ou, antes, '''hidratos de carbono''', son compostos químicos orgánicos que conteñen xeralmente [[Oxíxeno (elemento)|osíxeno]], [[hidróxeno]] e [[carbono]]. A súa función é nutritiva e fundamentalmente enerxética<ref>{{Cita libro|apelidos = Alberts|nome = Bruce|ano = 1992|título = Biología molecular de la célula|editor= Omega|isbn = 84-282-0896-4|páxina= 46|lingua= castelán}}</ref>, pero tamén estrutural.
 
A súa fórmula química é C<sub>n</sub>(H<sub>2</sub>O)<sub>n</sub> ou derivadas dela, variando o valor de n desde 3 ata miles de átomos de carbono. Na natureza encóntranse nos seres vivos formando parte de biomoléculas[[biomolécula]]s illadas ou asociadas a outras, coma as [[proteína]]s (glicoproteínas) e os [[lípido]]s (glicolípidos).
 
Os carbohidratos non son moléculas que conteñan carbonos hidratados, senón enlazados a grupos alcohólicos ou hidroxilos (-OH) e a radicais hidróxeno (-H). Ademais sempre hai un [[grupo funcional]] que leva un [[carbonilo]] (C=O) como un grupo cetónico (-CO) ou un grupo aldehido (-CHO), polo que os glícidos poderían chamarse polihidroxicetonas (cetosas) ou polihidroxialdehidos (aldosas).