Georg Wilhelm Friedrich Hegel: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
Isili0n (conversa | contribucións)
Liña 84:
A razón pola que esta subsunción ten lugar nunha serie de conceptos é que o método de Hegel, na súa ''Wissenschaft der Logik'' e ''Enzyklopädie'', é comezar con conceptos básicos como o ser e a nada e desenvolvelos a través dunha longa secuencia de elaboracións, incluíndo aqueles xa mencionados. Deste xeito, unha solución que se acada, en principio, na explicación do «infinito verdadeiro» na ''Wissenschaft der Logik'', repítese en novas formas en etapas posteriores, ata «espírito» e «vida ética», no terceiro volume da ''Enzyklopädie''.
 
Deste xeito, Hegel pretende defender o xermolo da verdade no dualismo kantiano contra programas redutivos ou eliminativos como os do materialismo e o empirismo. Coma Platón, co seu dualismo da alma fronte aos apetitos corporais, Kant persegue a capacidade da mente para cuestionar as súas inclinacións ou apetitos sentidos e chegar a un estándar do «deber» (ou, no caso de Platón, o «bo») que trascende a restrición corporal. Hegel conserva esta preocupación esencial platónica e kantiana en forma de infinidade que vai máis aló do finito (un proceso que Hegel relaciona, de feito, coa «liberdade» e o «deber»), o universal que vai alén do particular (no concepto) e do espírito, incluso mái aló da natureza. Hegel fai estas dualidades intelixíbeis (en última instancia) polo seu argumento do capítulo «Calidade» da súa obra ''Wissenschaft der Logik''. O finito ten que chegar a ser infinito para acadar a realidade. A idea do absoluto exclúe multiplicidade para que o suxeito e o obxectivo logren a síntese para chegar a ser enteiros. Isto débese a que, como Hegel suxire pola súa introdución do concepto de «realidade», o que se determina a si mesmo —en troques de depender das súas relacións con outras cousas polo seu carácter esencial— é máis plenamente «real» (seguindo a etimoloxía latina de «real», que significa 'cousa semellante') que o que non. As cousas finitas non se determinan a si mesmas, porque, como cousas «finitas», o seu carácter esencial está determinado polas súas fronteiras, fronte a outras cousas finitas. Así, para chegar a ser «reais», deben ir alén da súa finitude («a finitude é só como unha trascendencia de si mesma»).
 
O resultado deste argumento é que o finito e o infinito —e por extensión, o particular e o universal, a natureza e a liberdade— non se enfrontan como dúas realidades independentes, senón que no canto disto (en cada caso) é a autotrascendencia da primeira. En lugar de salientar a singularidade distintiva de cada factor que complementa e se contradí cos outros —sen explicación— a relación entre finito e infinito (e particular e universal, natureza e liberdade) faise intelixíbe coma un todo en desenvolvemento progresivo e autoperfeccionamento.
 
== Obra ==