Georg Wilhelm Friedrich Hegel: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
Isili0n (conversa | contribucións)
Liña 74:
 
O seu fillo Ludwig Fischer morrera pouco antes mentres servía ao exército holandés en [[Batavia]]; a nova da súa morte nunca chegou ao seu pai. Ao ano seguinte, a irmá de Hegel, Christiane, suicidouse afogándose. Os dous fillos restantes de Hegel —[[Karl von Hegel|Karl]], quen se converteu nun historiador, e [[Immanuel Hegel|Immanuel]], quen seguiu o camiño teolóxico— viviron moito tempo e salvagardaron o ''[[Nachlass|Nachlaß]]'' do seu pai, así como produciron edicións da súa obra.
 
== Pensamento ==
 
=== Liberdade ===
O pensamento de Hegel pode entenderse coma un desenvolvemento construtivo dentro da ampla tradición que inclúe a [[Platón]] e [[Immanuel Kant]]. A esta lista podemos engadir [[Proclo]], [[Meister Eckhart]], [[Gottfried Wilhelm Leibniz]], [[Plotino]], [[Jakob Böhme]] e [[Jean-Jacques Rousseau]]. O que todos estes pensadores comparten, o cal os distingue dos [[Materialismo|materialistas]] coma [[Epicuro de Samos|Epicuro]], os [[Estoicismo|estoicos]] e [[Thomas Hobbes]], e dos [[Empirismo|empiristas]] coma [[David Hume]], é que consideran a liberdade ou a autodeterminación tanto reais como con implicacións ontolóxicas importantes para a alma, a mente ou a divindade. Este enfoque da liberdade é o que xera a noción de Platón (en [[Fedón (Platón)|''Fedón'']], [[A República|''A República'']] e [[Timeo (diálogo)|''Timeo'']]) da alma como unha realidade máis alta ou máis completa que a que posúen os obxectos inanimados. Aínda que Aristóteles critica as «formas» de Platón, preserva as pedras angulares deste das implicacións [[Ontoloxía|ontolóxicas]] para a autodeterminación: o razoamento ético, o cumio da alma na xerarquía da natureza, a orde do cosmos e unha aceptación con argumentos razoados para un motor primordial. Kant importa a alta estima de Platón da soberanía individual ás súas consideracións de liberdade moral e noumenal, así como a Deus. Os tres atopan un terreo común na posición única dos seres humanos no esquema das cousas, coñecido polas diferenzas categóricas analizadas entre animais e obxectos inanimados.
 
Na súa exposición sobre o «espírito» na súa ''''Enzyklopädie'''', Hegel gaba a obra aristotélica ''[[Da alma]]'' como «por moit o máis admirábel, quizais o único traballo de valor filosófico sobre este tema». Nas súas ''Phänomenologie des Geistes'' (''Fenomenoloxía do espírito'') e ''Wissenschaft der Logik'' (''Ciencia da lóxica''), a preocupación de Hegel polos temas kantianos como a liberdade e a moral, e coas súas implicacións ontolóxicas, é omnipresente. En troques de simplemente rexeitar o dualismo de Kant da liberdade contra a natureza, Hegel aspira a subsumilo dentro do «infinito verdadeiro», o «concepto» (ou «noción»: ''Begriff''), o «espírito» e a «vida ética» de tal maneira que a dualidade kantiana faise intelixíbel, no canto de ficar como un «dado» bruto.
 
A razón pola que esta subsunción ten lugar nunha serie de conceptos é que o método de Hegel, na súa ''Wissenschaft der Logik'' e ''Enzyklopädie'', é comezar con conceptos básicos como o ser e a nada e desenvolvelos a través dunha longa secuencia de elaboracións, incluíndo aqueles xa mencionados. Deste xeito, unha solución que se acada, en principio, na explicación do «infinito verdadeiro» na ''Wissenschaft der Logik'', repítese en novas formas en etapas posteriores, ata «espírito» e «vida ética», no terceiro volume da ''''Enzyklopädie''''.
 
== Obra ==