Manuel Ruiz Zorrilla: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 3:
 
== Traxectoria ==
Estudou [[filosofía]] en [[Valladolid]]. Despois, en [[Madrid]] estudou Xurisprudencia na [[Universidade Complutense de Madrid|Universidade Complutense]]. En dous anos rematou os estudos de xurisprudencia e matriculouse en Leis acadando a licenciatura en [[1857]]. En [[1856]] fora nomeado comandante da [[Milicia Nacional]] de [[Soria]], accedendo deseguida á Deputación Provincial. Grazas a este pequeno empurrón político trasladouse a Madrid, onde foi nomeado Deputado Nacional polo [[Partido Progresista]] en [[1858]].
 
Nesa época comezou a súa amizade con [[Práxedes Mateo Sagasta]]. Destacou na Sublevación do Cuartel de San Gil ([[1866]]), polo que foi [[Pena capital|condenado a morte]] e tivo que fuxir de España. Dende o exilio dirixiu conspiracións para derrocar a [[Isabel II de España|Isabel II]]. Triunfante a [[Revolución de 1868]], como un dos líderes do Partido Progresista sostivo que os progresistas debían asumir o programa democrático.