Robert John Lechmere Guppy: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 2:
 
== Traxectoria ==
Foi un dos catro fillos de Robert Guppy, un avogado e alcalde de San Fernando (illa de [[Trinidad]]), e de Amelia Parkinson, unha pintora e unha das pioneiras da fotografía, que navegou polo [[río Orinoco]] acompañada por uns poucos indios nativos. A Robert John, ao que lle chamaban xeralmente "Lechmere", foi criado polos seus avós, Richard Parkinson e Lucy Lechmere, en [[Kinnersley Castle]], un castelo normando do xéculo XIII situado en [[Herefordshire]]. Richard Parkinson quería que Lechmere se fixese cargo do castelo, algo no que el non estaba interesado. Cando herdou certo patrimonio doutro parente, abandonou Inglaterra á idade de 18 anos e navegou e sufriu un [[naufraxio]] chegando ás costas de [[Nova Zelandia]] en 1856. Despois de vivir alí co pobo [[pobo maorí|maorí]] durante dous anos e de facer mapas da rexión, Lechmere partiu de Nova Zelandia en dirección a Trinidad, onde estaban vivindo os seus pais. Casou con Alice Rostant, a filla dun facendado crioulo francés local e descendente dos condes de Rostant, aristócratas franceses que fuxiran a Trinidad escapando da [[Revolución francesa]] e converteuse no primeiro Superintendente de Escolas de Trinidad. Aínda que R. J. L. Guppy non tiña formación formal en ciencias naturais (era [[enxeñeiro civil]] de oficio)<ref name="tofino">[http://www.tofino-bc.com/guppy/lechmere.htm Famous / infamous / interesting Guppys of the past]</ref> escribiu e publicou numerosos artigos sobre a [[Paleontoloxía|paleontoloxía]] da rexión. Aínda que se chegou rumorear que fora crego, en realidade Robert Guppy era [[agnosticismo|agnóstico]].<ref name="tofino"/>
 
Guppy estudou o peixe que despois se chamaría [[Poecilia reticulata|guppy]] en [[Trinidad]] en 1866, e enviou exemplares museos británicos. O peixe foi denominado ''Girardinus guppii'' no seu honor por [[Albert C. L. G. Günther]] ese mesmo ano. Porén, a especie fora previamente descrita en América e o outro nome tiña preferencia. En consecuencia ''Girardinus guppii'' é agora considerado un [[sinónimo júnior]] do nome científico hoxe aceptado, ''Poecilia reticulata''; porén "guppy" seguiu utilizándose como o nome común do peixe.