Diferenzas entre revisións de «Georg Wilhelm Friedrich Hegel»

 
Hegel publicou en 1817 ''Enzyklopädie der philosophischen Wissenschaften im Grundrisse'' (''Enciclopedia das ciencias filosóficas'') como sumario da súa filosofía para os estudantes que acoden ás súas conferencias en Heidelberg.
 
[[Ficheiro:Friedrich Hegel mit Studenten Lithographie F Kugler.jpg|miniatura|dereita|Hegel cos seus estudantes berlineses, bosquexo de Franz Kugler.]]
 
En 1818, Hegel aceptou a oferta renovada da cátedra de filosofía da [[Universidade Humboldt de Berlín|Universidade de Berlín]], que permanecera vacante dende a morte de [[Johann Gottlieb Fichte]] en 1814. Aquí publicou ''Grundlinien der Philosophie des Rechts'' (''Fundamentos da filosofía do dereito'') en 1820. Hegel dedicouse principalmente a dar as súas conferencias; as súas clases maxistrais sobre estética, filosofía da relixión, filosofía da historia e historia da filosofía que se publicaron postumamente a partir de notas de conferencias tomadas polos seus alumnos. A súa fama estendeuse e as súas conferencias atraeron a estudantes de toda Alemaña e de máis aló.
10.315

edicións