Diferenzas entre revisións de «Georg Wilhelm Friedrich Hegel»

 
Hegel publicou en 1817 ''Enzyklopädie der philosophischen Wissenschaften im Grundrisse'' (''Enciclopedia das ciencias filosóficas'') como sumario da súa filosofía para os estudantes que acoden ás súas conferencias en Heidelberg.
 
En 1818, Hegel aceptou a oferta renovada da cátedra de filosofía da [[Universidade Humboldt de Berlín|Universidade de Berlín]], que permanecera vacante dende a morte de [[Johann Gottlieb Fichte]] en 1814. Aquí publicou ''Grundlinien der Philosophie des Rechts'' (''Fundamentos da filosofía do dereito'') en 1820. Hegel dedicouse principalmente a dar as súas conferencias; as súas clases maxistrais sobre estética, filosofía da relixión, filosofía da historia e historia da filosofía que se publicaron postumamente a partir de notas de conferencias tomadas polos seus alumnos. A súa fama estendeuse e as súas conferencias atraeron a estudantes de toda Alemaña e de máis aló.
 
En 1819-27, realizou diversas viaxes a [[Weimar]] (dúas veces), onde coñeceu a [[Johann Wolfgang von Goethe|Goethe]], [[Bruxelas]], o norte dos [[Países Baixos]], [[Leipzig]], [[Viena]] a través de [[Praga]] e [[París]].
 
Hegel foi nomeado [[reitor]] da universidade en outubro de 1829, cando tiña 59 anos. O seu mandato como reitor rematou en setembro de 1830; sentiuse profundamente perturbado polos disturbios ocasionados pola reforma en Berlín nese ano. En 1831, [[Federico Guillerme III de Prusia|Federico Guillerme III]] decorouno coa [[Orde da Aguia Vermella]], 3ª clase polo seu servizo ao estado prusiano. En agosto de 1831 unha epidemia de [[cólera]] chegou a Berlín e Hegel abandonou a cidade, ficando en [[Kreuzberg]]. Agora, nun estado débil de saúde, Hegel rara vez saía. Cando o novo semestre comezou en outubro, Hegel regresou a Berlín, coa impresión (equivocada) de que a epidemia desaparecera en gran medida. Cara ao 14 de novembro, Hegel estaba morto. Os doutores declararon que a causa da morte era cólera, mais é probábel que morrese dunha enfermidade gastrointestinal diferente. Dise que as derradeiras palabras que pronunciou denantes de morrer foron «E el non me entendeu». De acordo cos seus desexos, Hegel foi soterrado o 16 de novembro no [[cemiterio de Dorotheenstadt]] xunta Fichte e [[Karl Wilhelm Ferdinand Solger|Solger]].
 
O seu fillo Ludwig Fischer morrera pouco antes mentres servía ao exército holandés en [[Batavia]]; a nova da súa morte nunca chegou ao seu pai. Ao ano seguinte, a irmá de Hegel, Christiane, suicidouse afogándose. Os dous fillos restantes de Hegel —[[Karl von Hegel|Karl]], quen se converteu nun historiador, e [[Immanuel Hegel|Immanuel]], quen seguiu o camiño teolóxico— viviron moito tempo e salvagardaron o ''[[Nachlass|Nachlaß]]'' do seu pai, así como produciron edicións da súa obra.
 
== Obra ==
10.315

edicións