Georg Wilhelm Friedrich Hegel: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
Isili0n (conversa | contribucións)
Liña 59:
 
Hegel casou con Marie Helena Susanna von Tucher (1791-1855), a filla maior do senador, en 1811. Este período viu a publicación da súa segunda obra máis importante, a ''Wissenschaft der Logik'' (''Ciencia da lóxica''), publicada en tres volumes (1812, 1813 e 1816), e o nacemento dos seus dous fillos lexítimos, [[Karl von Hegel|Karl Friedrich Wilhelm]] (1813-1901) e Immanuel Thomas Christian (1814-1891).
 
==== Heidelberg e Berlín (1816-1831) ====
Despois de recibir ofertas para postos nas universidades de [[Erlangen]], [[Berlín]] e [[Heidelberg]], Hegel elixiu Heidelberg, onde se mudou en 1816. Pouco despois, en abril de 1817, o seu fillo ilexítimo Ludwig Fischer (agora con dez anos) uniuse á familia de Hegel tras pasar a súa nenez nun orfanato (período no cal a súa nai faleceu).
 
Hegel publicou en 1817 ''Enzyklopädie der philosophischen Wissenschaften im Grundrisse'' (''Enciclopedia das ciencias filosóficas'') como sumario da súa filosofía para os estudantes que acoden ás súas conferencias en Heidelberg.
 
== Obra ==