Georg Wilhelm Friedrich Hegel: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
Isili0n (conversa | contribucións)
Liña 51:
 
En 1805, a universidade ascendeu a Hegel á posición de profesor extraordinario (sen salario), despois Hegel escribiu unha carta ao poeta e ministro de cultura [[Johann Wolfgang von Goethe]] protestando sobre o ascenso do seu adversario filosófico [[Jakob Friedrich Fries]] sobre el. Hegel tentou obter a axuda do poeta e tradutor [[Johann Heinrich Voß]] para acadar un posto na universidade recentemente renacente de [[Universidade de Heidelberg|Heidelberg]], mais fracasou. Para o seu desgusto, nese mesmo ano outórganlle a Fries a posición de profesor ordinario (con salario) nesa universidade.
[[Ficheiro:Hegel-and-Napoleon-in-Jena-1806.jpg|miniatura|200px|Napoleón, o «espírito do mundo a cabalo», en Jena.]]
 
As súas finanzas estaban a se gastar rapidamente, Hegel estaba agora so unha gran presión para entregar o seu libro, a tan prometida introdución ao seu sistema. Hegel estaba dando os últimos retoques ao seu libro, ''Phänomenologie des Geistes'' (''Fenomenoloxía do espírito''), cando Napoleón enfrontouse con tropas prusianas o 14 de outubro de 1806 na [[batalla de Jena]] nunha meseta fóra da cidade. O día anterior á batalla, Napoleón entrou na cidade de Jena. Hegel narrou as súas impresións nunha carta dirixida ao seu amigo [[Friedrich Immanuel Niethammer]]:<blockquote>Vin o emperador —este mundo-espírito— saíndo da cidade en recoñecemento. De feito, é unha sensación marabillosa ver a un individuo así, que, concentrado aquí nun só punto, montado a cabalo, estira o brazo ao mundo e domínao... este extraordinario home, a quen é imposíbel non admirar.</blockquote>Inda que non optou por pechar a Universidade de Jena como fixera con outras, a cidade foi devastada e os estudantes abandonaron a universidade en masa, o que fixo que a economía de Hegel empeorase inda máis. O seguinte febreiro, Hegel tivo un fillo, Georg Ludwig Friedrich Fischer (1807-31), coa caseira Christiana Burkhardt (quen fora abandonada polo seu marido).