Georg Wilhelm Friedrich Hegel: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
Liña 57:
Foi entón, en novembro de 1808, de novo grazas a Niethammer, nomeado director dunha escola en Nuremberg, un posto que ocupou ata 1816. Na súa estada en Nuremberg Hegel adaptou a súa recentemente publicada ''Phänomenologie des Geistes'' (''Fenomenoloxía do espírito'') para o seu uso na aula. Parta da súa misión era a de ensinar unha clase chamada «Introdución ao coñecemento da coherencia universal das ciencias», xurdindo deste xeito a idea de desenvolver unha enciclopedia das ciencias filosóficas, dividida en tres partes (lóxica, filosofía da natureza e filosofía do espírito).
Hegel casou con Marie Helena Susanna von Tucher (1791-1855), a filla maior do senador, en 1811. Este período viu a publicación da súa segunda obra máis importante, a ''Wissenschaft der Logik'' (''Ciencia da lóxica''), publicada en tres volumes (1812, 1813 e 1816), e o nacemento dos seus dous fillos lexítimos, [[Karl von Hegel|Karl Friedrich Wilhelm]] (1813-1901) e Immanuel Thomas Christian (1814-1891).
|