Diferenzas entre revisións de «Georg Wilhelm Friedrich Hegel»

As súas finanzas estaban a se gastar rapidamente, Hegel estaba agora so unha gran presión para entregar o seu libro, a tan prometida introdución ao seu sistema. Hegel estaba dando os últimos retoques ao seu libro, ''Phänomenologie des Geistes'', cando Napoleón enfrontouse con tropas prusianas o 14 de outubro de 1806 na [[batalla de Jena]] nunha meseta fóra da cidade. O día anterior á batalla, Napoleón entrou na cidade de Jena. Hegel narrou as súas impresións nunha carta dirixida ao seu amigo [[Friedrich Immanuel Niethammer]]:<blockquote>Vin o emperador —este mundo-espírito— saíndo da cidade en recoñecemento. De feito, é unha sensación marabillosa ver a un individuo así, que, concentrado aquí nun só punto, montado a cabalo, estira o brazo ao mundo e domínao... este extraordinario home, a quen é imposíbel non admirar.</blockquote>Inda que non optou por pechar a Universidade de Jena como fixera con outras, a cidade foi devastada e os estudantes abandonaron a universidade en masa, o que fixo que a economía de Hegel empeorase inda máis. O seguinte febreiro, Hegel tivo un fillo, Georg Ludwig Friedrich Fischer (1807-31), coa caseira Christiana Burkhardt (quen fora abandonada polo seu marido).
 
En marzo de 1807, aos 37 anos, Hegel trasladouse a [[Bamberg]], onde Niethammer declinara unha oferta para se converter en editor dun periódico, o ''[[Bamberger Zeitung]]'', e ofreceunaofreceulla a Hegel. Este, incapaz de atopar un emprego máis adecuado, aceptou a repelo. Ludwig Fischer e a súa nai (a quen Hegel puido ofrecer casar despois da morte do seu marido) ficaron en Jena.
 
== Obra ==
10.315

edicións