Flandres zelandés: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Unhanova (conversa | contribucións)
http://academia.gal/dicionario/-/termo/busca/xeneralidade
Unhanova (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 32:
 
== Historia ==
A xeografía da rexión cambiou considerabelmente ao longo da historia. Aínda que o territorio forma agora parte do [[Europa|continente europeo]], non foi sempre así. Por exemplo, Terneuzen, [[Zaamslag]] e [[Axel]] eran orixinariamente unha illa que foi poboada por xentes da beira oposta ([[Walcheren]]). A poboación desta parte da rexión ten conviccións fortemente calvinistas. En [[Zaamslagveer]], na parte oriental, comeza o verdadeiro continente: é o país de [[Hulst]], que sempre tivo un carácter firmemente católico; foi conquistada tardiamente pola [[Provincias Unidas|República das Provincias Unidas]]. Toda a rexión estivo na liña da fronte durante a [[guerra dos Oitenta Anos]] e cando, finalmente, foi conquistada, converteuse nunha [[Terras da Xeneralidade|Terra da Xeneralidade]].<ref>As Terras da Xeneralidade (''Generaliteitslanden'' en neerlandés) eran territorios da República dos Sete Países Baixos Unidos baixo administración directa dos Estados Xerais. En contraste coas Sete Provincias que constituían a República (Groninga, Frisia, Overijssel, Güeldres, Utrecht, Holanda e Zelandia), as Terras da Xeneralidade non dispoñían de voto no goberno do país. Eran antigas rexións católicas que no curso da guerra dos Oitenta Anos pasaron da soberanía españolas á holandesa. Funcionaban como «territorios ocupados» e servían de zona de contención entre a República e os Países Baixos españois.</ref> Hoxe, católicos e protestantes conviven sen problemas, aínda que poden observarse algunhas diferenzas culturais entre eles.
 
Ao oeste de Terneuzen, había orixinariamente moita auga: o [[Braakman]], un brazo de mar que só se embalsou na década de [[1950]], é un vestixio. A rexión occidental tamén ten unha historia turbulenta. [[Breskens]] non se chama por casualidade ''de Bresjes'' (en [[neerlandés|flamengo occidental]]: na zona había moitos illotes). [[Zwin]], que actualmente é un funil de marea que constitúe a fronteira vadeábel do estado, foi unha vez un gran brazo de mar que enlazaba [[Bruxas]] vía [[Damme]] co [[mar do Norte]]. A [[Esclusa (Países Baixos)|Esclusa]] encóntrase hoxe nunha fermosa zona do interior, pero a [[batalla da Esclusa]] en [[1344]] foi realmente unha batalla naval.