Harry Potter: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Toliño (conversa | contribucións)
Toliño (conversa | contribucións)
Inclúo unha nova sección: "Estrutura e xénero".
Liña 85:
 
En setembro de 2015 o sitio web foi remodelado por completo e moitas das características foron eliminadas. O redeseñado sitio céntrase principalmente na información que xa estaba dispoñible na versión anterior, deixando máis apartada a exploración.<ref>{{cite web|title=Pottermore|url=https://www.pottermore.com/news/Welcome-to-the-new-Pottermore|website=Pottermore|publisher=Pottermore|accessdate=8 de outubro de 2015}}</ref>
 
== Estrutura e xénero ==
As novelas de ''Harry Potter'' están dirixidas principalmente a unha audiencia moza adulta e poden catalogarse dentro do xénero da [[literatura fantástica]], onde se subclasifican en varios tipos de fantasía denominados "fantasía urbana", "fantasía contemporánea" ou "fantasía baixa". Maiormente son [[drama]]s e manteñen un ton bastante serio e escuro, aínda que conteñen algunhas pasaxes de [[traxicomedia]] e [[humor negro]]. En moitos aspectos, son tamén exemplos de novelas ''[[Bildungsroman]]'' (ou novelas do paso da infancia á madurez), amais de conteren elementos de [[misterio]], [[Novela de aventuras|aventura]], [[terror]], [[suspense]] e [[Novela romántica|romance]]. Por outra banda, acaen tamén dentro dun xénero denominado "historia da escola británica", na que se inclúen novelas como ''[[Stalky & Co.]]'' de [[Rudyard Kipling]], as series ''[[Malory Towers]]'', ''[[St. Clare's (libros)|St. Clare's]]'' e ''[[The Naughtiest Girl]]'' de [[Enid Blyton]], e as historias protagonizadas por [[Billy Bunter]] de [[Charles Hamilton (escritor)|Frank Richards]].<ref name="Harry Potter Boarding">{{cite news|url=http://news.bbc.co.uk/1/hi/education/563232.stm|title=Harry Potter makes boarding fashionable|publisher=BBC|accessdate=1 de setembro de 2008|date=13 de decembro de 1999}}</ref> Neste senso, segundo moitos expertos, as novelas están "nunha directa liña descendente de ''[[Tom Brown's School Days]]'' de [[Thomas Hughes]] e outras novelas vitorianas e eduardianas de vida escolar pública británica" malia seren máis contemporáneas, areentas, escuras e maduras que as típicas novelas de internados, dado que tratan temas serios como a morte, o amor, a perda, os prexuízos, a chagada á madurez e a perda da inocencia nun escenario británico da década de 1990.<ref>{{cite book|last=Ellen Jones|first=Leslie|title=JRR Tolkien: A Biography|publisher=Greenwood Press|year=2003|isbn=978-0-313-32340-9|page=16}}</ref><ref>{{cite book|last=A Whited|first=Lana|title=The Ivory Tower and Harry Potter: Perspectives on a Literary Phenomenon|publisher=University of Missouri Press|year=2004|isbn=978-0-8262-1549-9|page=28}}</ref>
 
Os libros son tamén, en palabras de [[Stephen King]], "contos de misterio perspicaces",<ref name="Wild About Harry">{{cite news|url=http://www.nytimes.com/books/00/07/23/reviews/000723.23kinglt.html|newspaper=The New York Times|title=Wild About Harry|date=23 de xullo de 2000|first=Stephen|last=King|authorlink=Stephen King|accessdate=9 de agosto de 2010|quote=...the Harry Potter books are, at heart, satisfyingly shrewd mystery tales.}}</ref> e cada libro está construído dun xeito similar a unha aventura de misterio de [[Sherlock Holmes]]. A narración é en terceira persoa, cun [[Técnicas narrativas|narrador subxectivo de campo limitado]] agás nunhas poucas excepcións (como os capítulos que inician ''[[Harry Potter e a pedra filosofal|a pedra filosofal]]'', ''[[Harry Potter e o Cáliz de fogo|o Cáliz de fogo]]'' e ''[[Harry Potter e as reliquias da morte|as reliquias da morte]]'' e os dous primeiros capítulos d’''[[Harry Potter e o misterio do príncipe|o misterio do príncipe]]'').
 
O nó dos libros adoita involucrar a Harry afrontando problemas cos que topa, o que a miúdo implica a necesidade de incumprir algunhas das normas da escola. As historias acadan o seu clímax preto das vacacións de verán ou dos exames finais, cando os acontecementos van máis aló das liortas e desputas propiamente escolares e Harry debe enfrontarse a [[lord Voldemort]] ou algún dos seus seguidores, os [[Devorador da Morte|Devoradores da Morte]], en batallas nas que el e outros personaxes arriscan a vida. De feito, a medida que a saga progresa, varios personaxes morren ao final dos libros.<ref name="Harry Potter Last Adventure" /><ref>{{cite news|url=http://www.cbc.ca/arts/story/2006/06/26/rowling-potter-deaths.html|archiveurl=https://web.archive.org/web/20060630023326/http://www.cbc.ca/arts/story/2006/06/26/rowling-potter-deaths.html|archivedate=30 de xuño de 2006|title=Two characters to die in last 'Harry Potter' book: J.K. Rowling|publisher=CBC|accessdate=1 de setembro de 2008|date=26 de xuño de 2006}}</ref> As repercusións dos feitos ocorridos provocan que Harry vaia aprendendo leccións mediante conversas e debates co director da escola, [[Albus Dumbledore]], que actúa como o seu mentor. Na última novela, Harry e mailos seus amigos atópanse a meirande parte do tempo fóra da escola, e unicamente regresan a ela para enfrontárense a Voldemort no último acto.<ref name="Harry Potter Last Adventure">{{cite news|url=http://www.time.com/time/specials/2007/article/0,28804,1637886_1637891,00.html|title=Harry Potter's Last Adventure|last=Grossman|first=Lev|publisher=Time Inc|accessdate=1 de setembro de 2008|date=28 de xuño de 2007}}</ref>
 
== Orixes e publicación ==