México: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
→‎Toponimia: texto traducido desde a wiki .es:México#Toponimia
→‎Toponimia: texto traducido desde a wiki .es:México#Toponimia
Liña 56:
[[Ficheiro:CodexMendoza01.jpg|upright|miniatura| Páxina do [[Códice Mendoza]], onde se representa o glifo de México no centro do Anáhuac.]]
México é unha entidade política que naceu no [[século XIX]]. Desde a súa conformación como [[Federación|Estado federal]], o nome oficial do país é '''Estados Unidos Mexicanos''', aínda que a [[Constitución Federal dos Estados Unidos Mexicanos de 1824|Constitución de 1824]] usaba indistintamente as expresións ''Nación Mexicana'' e ''Estados Unidos Mexicanos''.<ref>''Constitución de los Estados Unidos mexicanos'' (1824), ''passim''</ref> A [[Constitución Federal dos Estados Unidos Mexicanos de 1857|Constitución de 1857]] fai oficial o uso do nome ''República Mexicana'', pero no texto emprégase tamén a expresión ''Estados Unidos Mexicanos''.<ref>''Constitución de la República Mexicana'' (1857), ''passim''</ref> A [[Constitución Política dos Estados Unidos Mexicanos de 1917|Constitución vixente]], promulgada en [[1917]], establece que o nome oficial do país é ''Estados Unidos Mexicanos''.
 
O xentilicio ''mexicano'' empregouse na lingua española desde o contacto entre europeos e americanos con diferentes sentidos. Para os españois do século XVI, os mexicanos eran os habitantes de [[Tenochtitlán|México-Tenochtitlan]] e a súa [[Lingua náhuatl|lingua]]. Durante a [[Colonialismo|colonia]], algúns [[crioulos]] e peninsulares avecindados na [[Vicerreinado de Nova España|Nova España]] usaron o xentilicio para denominarse a si mesmos.<ref>Por exemplo, [[Francisco Xavier Clavijero]] comeza o seu ''[[Historia antiga de México e da súa conquista]]'' falando do ''país do Anáhuac'' no primeiro capítulo, pero ao longo del referirase indistintamente ao ''territorio mexicano'' ou ''reino dos mexicanos'' a unha ampla porción de Nova España que incluía non só os dominios dos mexicas, senón tamén territorios mayas e purépechas.</ref> Os líderes da Guerra de Independencia vacilaron tanto na denominación do país como dos seus habitantes. A partir do [[Plan de Iguala]], o país adoptará definitivamente o nome de México e os seus habitantes foron todos mexicanos.
 
''México'' é un topónimo de orixe náhuatl cuxo significado é discutido. Deriva do vocábulo [[Lingua náhuatl|náhuatl]] Mēxihco {{IPA|[me:ʃiʔko]}}, que designaba a capital dos [[mexica]]s. De acordo con [[Bernardino de Sahagún]], o vocábulo significaría 'o embigo da lúa',<ref>De ''Metzxico'': ''metz(tli)'' (lúa), ''xic(tli)'' (embigo, centro) e ''-co'' (locativo). Sahagún, ''Historia xeral...''.</ref> suxestión que logo fixeron súa [[Cecilio Robelo]], [[Alfonso Caso]] e [[Gutierre Tibón]] e que se popularizou a través dos libros de texto gratuítos. Con todo, esta hipótese non é sustentable porque a morfoloxía do náhuatl non admite unha derivación do topónimo a partir das voces propostas.{{#tag:ref|Karttunen (1983) sinala que a hipótese de Sahagún non é etimolóxicamente satisfactoria xa que non encaixa nin a cantidade vocálica da /?/ de ''x?c-'' 'embigo', nin o saltillo que precede ao locativo, ademais a derivación presenta unha caída irregular do grupo ''-tz-'' en ''mētz-''.|group="nota"}} [[Francisco Xavier Clavijero|Clavijero]] suxeriu que o topónimo debía interpretarse como '[no] lugar de Mexihtli', é dicir, de [[Huitzilopochtli]], pois Mexihtli era un dos seus nomes alternativos. No mesmo texto, Clavijero engade como nota que creu por algún tempo que o vocábulo significaba 'No centro do maguey', pero que a través do coñecemento da historia dos [[mexicas]] chegou á conclusión de que o topónimo se refire ao deus tutelar dos aztecas.{{#tag:ref|Á letra, Clavijero di:{{harvnp|Clavijero|1844|p=74}}
{{cita|Eu algún tempo crin que o nome verdadeiro era ''México'', que quere dicir no centro do maguey ou a pita, ou o aloe mexicano; pero desenganoume o estudo da historia, e agora estou seguro de que ''México'' é o mesmo que o lugar de ''Mexitli'' ou ''Huitzilopochtli'', é dicir, o Marte dos Mexicanos, á causa do santuario que naquel sitio construirón.}}|group="nota"}}
 
== Historia ==
* Artigo principal ''[[Historia de México]]''