Diferenzas entre revisións de «Georg Wilhelm Friedrich Hegel»

sen resumo de edición
'''Georg Wilhelm Friedrich Hegel''', nado en [[Stuttgart]] ([[Baden-Württemberg]]) o [[27 de agosto]] de [[1770]] e finado o [[14 de novembro]] de [[1831]] en [[Berlín]], foi un [[filósofo]] [[Alemaña|alemán]] e un importante persoeiro do [[idealismo alemán]]. Acadou gran sona no seu tempo e, aínda que influíu principalmente na tradición [[Filosofía continental|continental]] da filosofía, volveuse tamén cada vez máis influente na tradición analítica<ref>{{Cita web|url=https://plato.stanford.edu/archives/spr2014/entries/hegel/|páxina-web=Stanford Encyclopedia of Philosophy|título=Georg Wilhelm Friedrich Hegel|data-acceso=19 de decembro de 2016}}</ref>. Aínda que segue a ser unha figura divisiva, a súa importancia canónica dentro da [[filosofía occidental]] é recoñecida de xeito universal.
 
O seu principal logro é o desenvolvemento da distintiva articulación do [[idealismo]], ás veces denominado «[[idealismo absoluto]]»<ref>Este termo é bastante raro nos escritos de Hegel. Non se atopa en ningures en ''Wissenschaft der Logik'' (aínda que se achega nunha observación na páxina 124 da tradución do 2010 de Giovanni, GW 21.142). Na presentación da súa lóxica en ''Enzyklopädie der philosophischen Wissenschaften'' pódese atopar no §45R. </ref>, na que se superan os dualismos de, por exemplo, a mente e a natureza e o suxeito e obxecto. A súa filosofía do espírito integra conceptualmente a psicoloxía, o Estado, a historia, a arte, a relixión e a filosofía. A súa achega sobre a [[dialéctica do amo e do escravo]] influíu enormemente, especialmente na Francia do século XX. De salientábel importancia é o seu concepto de [[Geist|espírito]] (''Geitst'', ás veces traducido como «mente») como a manifestación histórica do concepto lóxico e a «[[Aufhebung|sublimación]]» (''Aufhebung'' 'integración sen unha eliminación ou redución') de factores aparentemente contraditorios ou opostos; exemplos inclúen a aparente oposición entre a natureza e a [[liberdade]] e entre a [[inmanencia]] e [[transcendencia]]. Hegel foi visto no século XX como o creador da tríade da [[tese, antítese e síntese]]<ref>{{Cita libro|título=In the Spirit of Hegel|apelidos=Solomon|nome=Robert C.|editorial=Oxford University Press|ano=1985|ISBN=978-0195036503|ref=}}</ref>; porén, isto foi citado por primeira vez por [[Johann Gottlieb Fichte|Johan Gottlieb Fichte]]<ref>{{Cita libro|título=Fichte: Early Philosophical Writings|apelidos=Gottlieb Fichte|nome=Johann|editorial=Cornell University Press|ano=1993|ISBN=978-0801481215|ref=}}</ref>.
 
Hegel influíu unha chea de pensadores e escritores cuxas propias posicións varían notabelmente. [[Karl Barth]] describiu a Hegel como un «[[Tomé de Aquino|aquiniano]] [[Protestantismo|protestante]]», mentres que [[Maurice Merleau-Ponty]] escribiu que: «Todas as grandes ideas filosóficas do século pasado —as filosofías de [[Karl Marx|Marx]] e [[Friedrich Nietzsche|Nietzsche]], a [[fenomenoloxía]], o [[existencialismo alemán]] e a [[psicanálise]]— tiveron os seus comezos en Hegel».
10.315

edicións