Comuna de París: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios
Liña 7:
No sentido estrito, a Comuna de París de 1871 foi simplemente a autoridade local («commune» en francés é un consello dun pobo ou distrito) que exerceu o poder en [[París]] durante dous meses na primavera de 1871. No entanto, as condicións na que se formou, os seus controvertidos decretos e o seu cruel final convértena nun dos máis importantes episodios políticos da época.
 
== TransfondoAntecedentes ==
A comuna foi posíbel grazas a un levantamento popular de todas as tendencias revolucionarias dentro de París despois de que a [[Guerra Franco-Prusiana]] terminase coa Francia derrotada. A guerra coa Prusia, comezada por [[Napoleón III]] («Louis Bonaparte») en xullo de [[1870]], terminou desastrosamente para a [[Francia]], e en setembro dese ano, París quedou baixo o asedio do exército inimigo. A fenda entre ricos e pobres na capital ampliouse enormemente nos últimos anos e coa escaseza de comida, sumado ó constante bombardeo prusiano, levou a un descontento xeral. Os traballadores estábanse volvendo máis receptivos a ideas máis radicais. Unha demanda específica foi a de que [[París]] debía posuír un goberno autónomo, cunha comuna elixida pola propia poboación, algo que xa gozaban a meirande parte das cidades francesas, pero que era negado a París por un goberno medorento da indócil poboación da capital. Un desexo máis vago, pero tamén relacionado, foi o dun sistema de xestión da economía máis xusto, aínda que non necesariamente un sistema socialista, resumido no berro popular de "''A Sociale!''"