Diferenzas entre revisións de «Georg Wilhelm Friedrich Hegel»

Con tres anos Hegel asistiu á «escola alemá». Cando entrou á «escola latina» dous anos máis tarde, el xa sabía a [[primeira declinación]] grazas á súa nai.
 
En 1776, Hegel entrou no [[Eberhard-Ludwigs-Gymnasium]]. Ao longo da súa adolescencia Hegel leu de xeito voraz, copiando longos extractos no seu diario. Entre os autores que leu atópanse o poeta [[Friedrich Gottlieb Klopstock|Klopstock]] e escritores asociados coa Ilustración, como [[Christian Garve]] e [[Gotthold Ephraim Lessing]]. Hegel rematou os seus estudos na escola co seu ''Abiturrede'' '(discurso de graduación') titulado ''O estado abortivo da arte e a erudición en Turquía''<ref name=pinkard/>.
 
==== Tubinga (1788-1801) ====
Con dezaoito anos acudiu ao [[seminario de Tubinga]] (un seminario protestante a cargo da [[Universidade de Tubinga]]), onde tivo como compañeiros de piso o poeta [[Friedrich Hölderlin]] e o filósofo [[Friedrich Schelling|Friedrich Wilhelm Joseph Schelling]]<ref>{{Cita libro|título=The Cambridge Companion to Hegel|apelidos=Frederick C.|nome=Beiser|editorial=Cambridge University Press|ano=1993|ISBN=1-13982495-3|ref=}}</ref>. Compartindo un desgusto polo que eles consideraban un ambiente restritivo do seminario, os tres convertéronse en amigos íntimos e influíronse mutuamente nas ideas do outro. Todos admiraban moito a civilización helénica, e Hegel profundizou en [[Jean-Jacques Rousseau|Rousseau]] e [[Gotthold Ephraim Lessing|Lessing]] durante este tempo<ref>{{Cita libro|título=Phenomenology and System|apelidos=Harris|nome=H. S.|editorial=Hackett Publishing|ano=1995|ISBN=978-0872202818|ref=}}</ref>. Observaron o desprego da [[Revolución Francesa]] con entusiasmo compartido. Schelling e mais Hölderlin se introduciron nos debates teóricos da filosofía kantiana, nos que Hegel se mantivo á marxe. Hegel consideraba o seu futuro como o dun ''Popularphilosoph'', isto é un home de letras que serve para facer accesíbeis a un amplo público as ideas abstrusas dos filósofos; a súa propia necesidade sentida de involucrarse criticamente coas ideas centrais do kantianismo non chegou ata 1800.
 
==== Berna (1793-96) e Frankfurt (1797-1801) ====
Tras recibir o certifical teolóxico (''[[Consistorio (protestantismo)|Konsistorialexamen]]'') do seminario de Tubinga, Hegel volveuse ''Hofmeister'' (titor do fogar) dunha familia aristocrática en [[Berna]] (1793-96). Durante este período compuxo o texto que se coñece como ''Das Leben Jesu'' (''Vida de Xesús'') e un manuscrito cunha lonxitude similar á dun libro titulado ''Die Positivität der christlichen Religion'' (''A positividade da relixión cristiá''). A súa relación cos seus xefes comezou a se volver cada vez máis tensa, polo que Hegel aceptou unha oferta mediada por Hölderlin para ocupar unha posición semellante coa familia dun comerciante de viño en [[Frankfurt]], onde se mudou e 1797. Aquí Hölderlin exerceu unha influencia importante no pensamento de Hegel. Mentres en Frankfurt Hegel compuxo o ensaio ''Fragmentos sobre a relixión e o amor''. En 1799, escribiu outro ensaio titulado ''Der Geist des Christentums und sein Schicksal'' (''O Espíritoespírito do cristianismo e o seu destino'')<ref>{{Cita web|url=http://www.sunypress.edu/|páxina-web=Suny Press|título=The Spirit of Christianity and Its Fate|data-acceso=22 de decembro de 2016}}</ref>, texto inédito durante a súa vida.
 
Tamén en 1797 escribiu o manuscrito inédito e sen asinar de ''Das älteste Systemprogramm des deutschen Idealismus'' (''O programa sistemático máis antigo do idealismo alemán''). Foi escrito da man de Hegel, mais se cre que a autoría pode pertencer tanto a Hegel, Schelling, Hölderlin ou unha cuarta persoa descoñecida<ref>{{Cita libro|título=The German Aesthetic Tradition|apelidos=Hammermeister|nome=Kai|editorial=Cambridge University Press|ano=2002|ISBN=9780521785549|ref=}}</ref>.
 
=== Anos de profesión ===
10.315

edicións