Diferenzas entre revisións de «Georg Wilhelm Friedrich Hegel»

sen resumo de edición
==== Tubinga (1788-1801) ====
Con dezaoito anos acudiu ao [[seminario de Tubinga]] (un seminario protestante a cargo da [[Universidade de Tubinga]]), onde tivo como compañeiros de piso o poeta [[Friedrich Hölderlin]] e o filósofo [[Friedrich Schelling|Friedrich Wilhelm Joseph Schelling]]. Compartindo un desgusto polo que eles consideraban un ambiente restritivo do seminario, os tres convertéronse en amigos íntimos e influíronse mutuamente nas ideas do outro. Todos admiraban moito a civilización helénica, e Hegel profundizou en [[Jean-Jacques Rousseau|Rousseau]] e [[Gotthold Ephraim Lessing|Lessing]] durante este tempo. Observaron o desprego da [[Revolución Francesa]] con entusiasmo compartido. Schelling e mais Hölderlin se introduciron nos debates teóricos da filosofía kantiana, nos que Hegel se mantivo á marxe. Hegel consideraba o seu futuro como o dun ''Popularphilosoph'', isto é un home de letras que serve para facer accesíbeis a un amplo público as ideas abstrusas dos filósofos; a súa propia necesidade sentida de involucrarse criticamente coas ideas centrais do kantianismo non chegou ata 1800.
 
==== Berna (1793-96) e Frankfurt (1797-1801) ====
Tras recibir o certifical teolóxico (''[[Consistorio (protestantismo)|Konsistorialexamen]]'') do seminario de Tubinga, Hegel volveuse ''Hofmeister'' (titor do fogar) dunha familia aristocrática en [[Berna]] (1793-96). Durante este período compuxo o texto que se coñece como ''Das Leben Jesu'' (''Vida de Xesús'') e un manuscrito cunha lonxitude similar á dun libro titulado ''Die Positivität der christlichen Religion'' (''A positividade da relixión cristiá''). A súa relación cos seus xefes comezou a se volver cada vez máis tensa, polo que Hegel aceptou unha oferta mediada por Hölderlin para ocupar unha posición semellante coa familia dun comerciante de viño en [[Frankfurt]], onde se mudou e 1797. Aquí Hölderlin exerceu unha influencia importante no pensamento de Hegel. Mentres en Frankfurt Hegel compuxo o ensaio ''Fragmentos sobre a relixión e o amor''. En 1799, escribiu outro ensaio titulado ''O Espírito do cristianismo e o seu destino'', texto inédito durante a súa vida.
 
Tamén en 1797 escribiu o manuscrito inédito e sen asinar de ''Das älteste Systemprogramm des deutschen Idealismus'' (''O programa sistemático máis antigo do idealismo alemán''). Foi escrito da man de Hegel, mais se cre que a autoría pode pertencer tanto a Hegel, Schelling, Hölderlin ou unha cuarta persoa descoñecida.
 
=== Anos de profesión ===
 
==== Jena, Bamberg e Nürnberg (1801-1816) ====
En 1801, Hegel foi a Jena co estímulo do seu vello amigo Schelling, quen ocupaba o posto de profesor extraordinario na [[Universidade de Jena|universidade]] de alí. Hegel asegurouse unha posición na universidade como ''[[Privatdozent]]'' (conferenciante sen soldo) despois de se someter a un ''[[Habilitación|Habilitationsschrift]]'' (disertación inaugural) sobre as órbitas dos planetas. Nese mesmo ano, máis tarde, publicou o seu primeiro libro ''[[Differenz des Fichteschen und Schellingschen Systems der Philosophie]]'' (''A diferenza entre os sistemas filosóficos de Fichte e Schelling''). Deu conferencias sobre a «Lóxica e a metafísica» amais de charlas conxuntas con Schelling sobre unha «Introdución á idea e límites da filosofía verdadeira» e celebrou un «Disputorium filosófico». En 1802, Schelling e Hegel fundaron un xornal, o ''Kritische Journal der Philosophie'' (''Xornal crítico de filosofía''), á cal cada un achegou artigos ata que a colaboración rematou cando Schelling marchou a [[Würzburg]] en 1803.
 
En 1805, a universidade ascendeu a Hegel á posición de profesor extraordinario (sen salario), despois Hegel escribiu unha carta ao poeta e ministro de cultura [[Johann Wolfgang von Goethe]] protestando sobre o ascenso do seu adversario filosófico [[Jakob Friedrich Fries]] sobre el. Hegel tentou obter a axuda do poeta e tradutor [[Johann Heinrich Voß]] para acadar un posto na universidade recentemente renacente de [[Universidade de Heidelberg|Heidelberg]], mais fracasou. Para o seu desgusto, nese mesmo ano outórganlle a Fries a posición de profesor ordinario (con salario) nesa universidade.
 
== Obra ==
10.315

edicións