Wikipedia:Votacións: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
RubenWGA (conversa | contribucións)
m →‎Votos: Modificación ortográfica.
Liña 73:
Unha vez comezada a votación, aqueles que o vexan oportuno poderán expresar a súa opinión concordante, discordante ou neutra a través dos modelos <code><nowiki>{{Concordo}}</nowiki></code> ({{Concordo}}), <code><nowiki>{{Discordo}}</nowiki></code> ({{Discordo}}) ou <code><nowiki>{{Neutro}}</nowiki></code> ({{Neutro}}). Cómpre lembrar que, aínda que non sexa obrigatorio, sempre é bo argumentar os votos, tanto a favor como en contra, para fundamentar a postura. Por outra banda, cabe aclarar que os votos neutros, malia non contabilizaren para o resultado da votación, si que se teñen en conta ao realizar o cómputo global de votos, xa que non son o mesmo ca unha abstención. Calquera usuario pode cambiar o sentido do seu voto en calquera momento, sempre dentro do prazo da votación, normalmente motivado por unha argumentación que o fai trocar de parecer; por outra banda, se o usuario non tivese de todo claro se quere cambiar ou non o seu voto, existe tamén a posibilidade de pedir un tempo de reflexión para decidilo. Entón, o usuario debe empregar o modelo <code><nowiki>{{Agardar}}</nowiki></code> ({{Agardar}}) e en ambos os casos riscar o seu voto actual.
 
Para as votaciónvotacións sobre o borrado dun artigo ou imaxe, adóitanse empregar os modelos <code><nowiki>{{Borrar}}</nowiki></code> ({{Borrar}}), <code><nowiki>{{Manter}}</nowiki></code> ({{Manter}}) e <code><nowiki>{{Neutro}}</nowiki></code> ({{Neutro}}), así como <code><nowiki>{{Agardar}}</nowiki></code> ({{Agardar}}).
 
Os modelos <code><nowiki>{{Comentario}}</nowiki></code> ({{Comentario}}), <code><nowiki>{{Pregunta}}</nowiki></code> ({{Pregunta}}) e <code><nowiki>{{Info}}</nowiki></code> ({{Info}}) ao comezo dunha liña serven para indicar que o que lle segue é un comentario, unha pregunta ou unha achega de información, respectivamente. Non é necesario participar na votación nin cumprir os requisitos mínimos para expresar unha opinión con estes últimos modelos. Tanto os votos como os comentarios ou opinións deberán ir sempre [[Wikipedia:Asine as súas mensaxes nas páxinas de conversa|asinados]] co nome de usuario e máis a data e a hora.