Terracota: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
→‎Véxase tamén: {{Control de autoridades}}
Liña 7:
Antes de que se inventase o [[Torno de oleiro|torno]], o home modelaba a arxila coas súas mans, preparando unha pasta que logo apertaba e lavaba para finalmente deixala decantar en pequenos recipientes. Unha vez feita esta operación, o amasillo presionábase ata darlle forma, ou ben enrolaba en espiral tiras de arxila. O torno veu a facilitar o traballo e axudou a perfeccionalo.
 
Se o obxecto require para a súa terminación engadir un asa ou un pitorrobiquelo, estes elementos incorpóranse despois do traballo do torno. Unha vez terminada a peza, vén o proceso do secado durante o cal a terracota perde parte da [[auga]]. A continuación cócese nun [[forno]] especial que alcanza aos poucos unha temperatura de 1.300 a 1.400 graos. A masa vólvese máis dura e compacta. Unha vez terminada a cocción, déixase arrefriar amodo.
 
Para a realización deste traballo empréganse estes utensilios: torno, forno, varillas e matrices. Coas varillas fanse os acabados e os relevos cando a arxila está aínda branda.