Diferenzas entre revisións de «Queixo»

m
Estudos no campo da [[odontoloxía]] afirman que o queixo pode axudar de forma significativa na prevención de [[carie]] e outras enfermidades dos [[dente]]s. Trátase dun dos alimentos con contido máis alto en calcio e fósforo, así como de [[caseína]] e outras proteínas, que son os principais compoñentes do esmalte dos dentes, polo que a inxesta de queixo pode axudar a súa remineralización. Á parte disto, algúns ácidos graxos teñen propiedades antimicrobianas, controlando así o nivel de placa. Moitos tipos de queixo estimulan tamén o fluxo [[saliva]]r, o que axuda a limpar a cavidade bucal de restos de alimentos, amortecendo tamén o medio ácido. Despois das comidas o [[pH]] da saliva descende, pero o calcio e o fósforo do queixo axudan a previlo.<ref>[http://www.ortodoncia.ws/publicaciones/2004/asesoramiento_dietetico_control_caries.asp Asesoramento dietético para o control de carie en nenos] (véxase os apartado "Factores dietéticos na prevención de carie dental").</ref>
 
As persoas que sofren [[intolerancia á lactosa]] normalmente evitan consumilo, con todo queixos como o cheddar só conteñen un 5% da [[lactosa]] atopada no leite enteiro, e nos queixos máis curados é practicamente despreciabledesprezable. Hai xente que sofre reaccións ante [[amina]]s atopadas no queixo, especialmente a [[histamina]] e a [[tiramina]]. Nos máis curados a cantidade destas sustancias faise máis notable e poden producir [[alerxia|reaccións alérxicas]] como a aparición de [[sarpullido]]s, [[dor de cabeza]] ou aumento da [[presión sanguínea]].
 
== Notas ==
104.746

edicións