Hugo Chávez: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 134:
A súa duración inicialmente era de 24 horas, pero prorrogouse ata converterse nunha folga indefinida. A petición central dos folguistas era a renuncia do Presidente, ou a realización dun referendo consultivo sobre a continuidade de Chávez. Chávez non renunciou, e o paro mantívose durante 62 días.
 
Dito paro tivo características atípicas: tódalas televisións privadas de alcance nacional e os periódicos máis importantes déronlle apoio irrestricto. Os primeiros suspendendo toda a súa programación de entretemento e os anuncios comerciais para dar paso a programación política e informativa durante 18 ou 20 horas ó día, recoñecendo a súa dirección en contra do goberno varias veces. Os periódicos fixeron o propio. A canle oficial, [[Venezolana de Televisión]], tamén participou nesta guerra mediáticados medios parcializándose completamente a favor do goberno, desta forma a polarización acentuouse moito máis e os medios de comunicación imparciais practicamente desapareceron. O goberno tamén apoiou a creación de periódicos, emisoras de radio, televisións e sitios web de carácter alternativo, que son consideradas pola oposición como focos de propaganda gobernamental, pero que o goberno defende como espazos de expresión para os que eran censurados polas emisoras privadas.
 
Insístese en que o paro ademais era un ''lock out'', xa que en moitas empresas, fábricas e locais comerciais os traballadores querían continuar os seus labores, pero os patróns tomaron a decisión de parar. Porén, non pode considerarse unicamente un ''lock out'' debido a que na administración pública moitos gremios se uniron ó paro.