Ringo Starr: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 133:
 
En 2005 publicou ''[[Choose Love]]'', un novo disco producido por Hudson que incluíu invitados como [[Billy Preston]] e [[Chrissie Hynde]]. Aínda que obtivo críticas similares a ''Vertical Man'' (1998) e ''Ringo Rama'' (2003), non entrou en ningunha lista de discos máis vendidos. A súa publicación foi seguida dunha xira promocional, primeiro con The Roundheads e posteriormente cunha nova edición da All-Starr Band, formada por [[Billy Squier]], [[Richard Marx]], [[Edgar Winter]], [[Rod Argent]], [[Hamish Stuart]] e Sheila E. O concerto que ofreceu con The Roundheads no Genessee Theatre de [[Waukegan, Illinois]] o 25 de agosto de 2005 foi publicado no álbum en directo ''[[Ringo Starr: Live at Soundstage]]'' (2007).
 
Ese mesmo ano, o concello de [[Liverpool]] anunciou un plan para demoler o lugar de nacemento de Starr, no 9 de Madryn Street, ao non ter «relevancia histórica».<ref>{{cita web |título= Ringo birthplace to be bulldozed |url= http://news.bbc.co.uk/2/hi/uk_news/england/merseyside/4229068.stm |autor=BBC News |data= 9 de seoembre de 2005 |idioma=inglés |dataacceso= 12 de maio de 2013}}</ref> Con todo, posteriormente rectificou e anunciou que o edificio ía ser desmantelado ladrillo por ladrillo e preservado.<ref>{{cita web | apelidos= Clover | nome= Charles | título= Ringo Starr's old house to be taken down and stored as 11 streets are demolished | url = http://www.telegraph.co.uk/news/uknews/1498706/Ringo-Starrs-old-house-to-be-taken-down-and-stored-as-11-streets-are-demolished.html |editorial=The Daily Telegraph |idioma=inglés | data= 19 de setemro de 2005 | dataacceso=23 de xaneiro de 2008 }}</ref>
 
En 2006, participou no álbum de [[Jerry Le Lewis]] ''[[Last Man Standing]]'', cantando o tema de [[Chuck Berry]] «Sweet Little Sixteen», e anunciou que ía figurar como personaxe de [[cómic]] nunha película de animación de [[Pow! Entertainment]] producida por [[Stan Le]] aínda sen publicar.<ref>{{cita web|url=http://geeksofdoom.com/2007/01/17/ringo-starr-superhero/ |título=Ringo Starr, Superhero |autor=Geeksofdoom.com |data=17 de xaneiro de 2007 |idioma=inglés |dataacceso=3 de maio de 2010}}</ref>
 
== Notas ==