Georg Wilhelm Friedrich Hegel: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
Isili0n (conversa | contribucións)
Liña 31:
 
==== Infancia ====
Hegel naceu o 27 de agosto de 1770 en [[Stuttgart]], no [[ducado de Württemberg]], suroeste de Alemaña. Bautizado Georg Wilhelm Friedrich, foi coñecido como Wilhelm para a súa familia. O seu pai, Georg Ludwig, era ''Rentkammersekretär'' (secretario da oficina de ingresos) na corte de [[Carlos Uxío de Württemberg]]. A nai de Hegel, Maria Magdalena Louisa, era a filla dun avogado do Tribunal Superior de Xustiza da corte de Württemberg. Ela morreu dunha «febre biliosa» (''Gallenfieber'') cando Hegel tiña trece anos. Hegel e mailo seu pai tamentamén colleron a doenza, pero por pouco sobreviviron. Hegel tiña unha irmá, Christiane Luise (1773-1832), e un irmán, Georg Ludwig (1776-1812), quen finou como oficial na campaña rusa de Napoleón de 1812.
 
Con tres anos Hegel asistiu á «escola alemá». Cando entrou á «escola latina» dous anos máis tarde, el xa sabía a [[primeira declinación]] grazas á súa nai.