Diferenzas entre revisións de «Georg Wilhelm Friedrich Hegel»

sen resumo de edición
Hegel influíu unha chea de pensadores e escritores cuxas propias posicións varían notabelmente. [[Karl Barth]] describiu a Hegel como un «[[Tomé de Aquino|aquiniano]] [[Protestantismo|protestante]]», mentres que [[Maurice Merleau-Ponty]] escribiu que: «Todas as grandes ideas filosóficas do século pasado —as filosofías de [[Karl Marx|Marx]] e [[Friedrich Nietzsche|Nietzsche]], a [[fenomenoloxía]], o [[existencialismo alemán]] e a [[psicanálise]]— tiveron os seus comezos en Hegel».
 
== FormaciónTraxectoria ==
 
Hegel asistiu ao seminario de [[Tubinga]] co [[poeta]] épico [[Friedrich Hölderlin]] e o idealista obxectivo [[Friedrich Schelling|Schelling]]. Os tres estiveron atentos ao desenvolvemento da Revolución Francesa e colaboraron nunha [[crítica]] das filosofías idealistas de [[Immanuel Kant]] e do seu seguidor, [[Johann Gottlieb Fichte|Fichte]].
=== Primeiros anos ===
 
==== Infancia ====
Hegel naceu o 27 de agosto de 1770 en [[Stuttgart]], no [[ducado de Württemberg]], suroeste de Alemaña. Bautizado Georg Wilhelm Friedrich, foi coñecido como Wilhelm para a súa familia. O seu pai, Georg Ludwig, era ''Rentkammersekretär'' (secretario da oficina de ingresos) na corte de [[Carlos Uxío de Württemberg]]. A nai de Hegel, Maria Magdalena Louisa, era a filla dun avogado do Tribunal Superior de Xustiza da corte de Württemberg. Ela morreu dunha «febre biliosa» (''Gallenfieber'') cando Hegel tiña trece anos. Hegel e mailo seu pai tamen colleron a doenza, pero por pouco sobreviviron. Hegel tiña unha irmá, Christiane Luise (1773-1832), e un irmán, Georg Ludwig (1776-1812), quen finou como oficial na campaña rusa de Napoleón de 1812.
 
Con tres anos Hegel asistiu á «escola alemá». Cando entrou á «escola latina» dous anos máis tarde, el xa sabía a [[primeira declinación]] grazas á súa nai.
 
En 1776, Hegel entrou no [[Eberhard-Ludwigs-Gymnasium]]. Ao longo da súa adolescencia Hegel leu de xeito voraz, copiando longos extractos no seu diario. Entre os autores que leu atópanse o poeta [[Friedrich Gottlieb Klopstock|Klopstock]] e escritores asociados coa Ilustración, como [[Christian Garve]] e [[Gotthold Ephraim Lessing]]. Hegel rematou os seus estudos na escola co seu ''Abiturrede'' 'discurso de graduación' titulado ''O estado abortivo da arte e a erudición en Turquía''.
 
==== Tubinga (1788-1801) ====
Con dezaoito anos acudiu ao [[seminario de Tubinga]] (un seminario protestante a cargo da [[Universidade de Tubinga]]), onde tivo como compañeiros de piso o poeta [[Friedrich Hölderlin]] e o filósofo [[Friedrich Schelling|Friedrich Wilhelm Joseph Schelling]]. Compartindo un desgusto polo que eles consideraban un ambiente restritivo do seminario, os tres convertéronse en amigos íntimos e influíronse mutuamente nas ideas do outro. Todos admiraban moito a civilización helénica, e Hegel profundizou en [[Jean-Jacques Rousseau|Rousseau]] e [[Gotthold Ephraim Lessing|Lessing]] durante este tempo. Observaron o desprego da [[Revolución Francesa]] con entusiasmo compartido. Schelling e mais Hölderlin se introduciron nos debates teóricos da filosofía kantiana, nos que Hegel se mantivo á marxe. Hegel consideraba o seu futuro como o dun ''Popularphilosoph'', isto é un home de letras que serve para facer accesíbeis a un amplo público as ideas abstrusas dos filósofos; a súa propia necesidade sentida de involucrarse criticamente coas ideas centrais do kantianismo non chegou ata 1800.
 
== Obra ==
10.315

edicións