Molécula: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 170:
== Historia ==
=== Hipótese de Avogadro ===
[[ArquivoFicheiro: Avogadro Amedeo.jpg | thumb miniatura| 150px | Amedeo Avogadro]]
Non foi ata [[1814]] cando o químico italiano [[Amedeo Avogadro]] propuxo a existencia de '''moléculas''' formadas por dous ou máis [[átomos]]. Segundo Avogadro, nunha [[reacción química]] unha '''molécula''' de [[reactivo]] debe reaccionar cunha ou varias moléculas doutro reactivo, dando lugar a unha ou varias moléculas do [[Produto químico | produto]], pero unha molécula non pode reaccionar cun número non enteiro de moléculas, xa que a unidade mínima dun reactivo é a '''molécula'''. Debe existir, por tanto, unha relación de números enteiros sinxelos entre as moléculas dos reactivos, e entre estas moléculas e as do produto.
 
Liña 176:
 
A [[lei de Avogadro|hipótese de Avogadro]] non foi admitida pola comunidade científica ata o ano [[1860]], cando un discípulo de Avogadro, [[Stanislao Cannizzaro]], presentou nunha [[Congreso de Karlsruhe | reunión científica en Karlsruhe]] un artigo (publicado en [[1858]]) sobre as hipóteses de Avogadro e a determinación de [[masa atómica|masas atómicas]].
=== Probas de Einstein e Perrin ===
[[Ficheiro: Albert Einstein photo 1921.jpg |miniatura|150px|Albert Einstein nunha foto de 1921]]
 
{{Artigo principal | Movemento browniano}}
En 1827, [[Robert Brown]], un botánico escocés, informou que os gránulos de [[pole]] mergullados na [[auga]] móvense continuamente e trasládanse de maneira irregular dun lugar a outro, é o que se chamou ''[[movemento browniano]]''. En principio, pensouse que os grans de pole tiñan vida, pero en 1863 suxeriuse que o movemento observado podía ser debido a un bombardeo desigual das partículas do pole polas moléculas de auga do seu ao redor. Nos obxectos macroscópicos, non se observaba que os impactos son demasiado pequenos para producir ningún efecto. Pero nos corpos microscópicos, bombardeados quizais por uns poucos centos de moléculas por segundo, un pequeno exceso, por un ou outro lado, poden determinar unha axitación observable. Non houbo unha interpretación teórica desta observación ata que [[Albert Einstein]] ofreceu unha explicación cuantitativa en 1905.<ref name=Einstein>{{Cita publicación periódica | apelidos=Einstein | nome =Albert |ligazónautor=Albert Einstein |título=Über die von der molekularkinetischen Theorie der Wärme geforderte Bewegung von in ruhenden Flüssigkeiten suspendierten Teilchen |url=http://www3.interscience.wiley.com/homepages/5006612/549_560.pdf |formato=pdf |lingua=al |revista=Annalen der Physik |lugar=Leipzig |volume=17 |páxinas=549–560| data=1905}}</ref> Einstein elaborou un modelo teórico que permitía facer predicións precisas sobre o tamaño das partículas.
 
Tres anos máis tarde, o físico francés [[Jean Baptiste Perrin|Jean B. Perrin]] para confirmar as predicións de Einstein realizou un estudo experimental do movemento browniano.<ref name=Perrin>{{Cita publicación periódica |apelidos=Perrin | nome =J. |ligazónautor=Jean Baptiste Perrin |título=Mouvement brownien et réalité moléculaire |lingua=fr |revista=Annales de chimie et de physique |lugar=París |volume=18 |data=1909 |páxinas=5-114 }} </ref>
 
O seu traballo foi posible grazas ao desenvolvemento do ultramicroscopio por [[Richard Adolf Zsigmondy|Richard A. Zsigmondy]] e [[Henry Siedentopf]] en 1903. Perrin estudou a forma en que as partículas sedimentan dentro da auga, debida á influencia da gravidade. A esta sedimentación, opóñense as colisións das moléculas de auga procedentes da parte inferior, de modo que o movemento browniano oponse á forza da gravidade. Perrin empregou este descubrimento para calcular o tamaño das moléculas mediante a ecuación de Einstein e demostrou a súa validez. A importancia fundamental deste traballo é que establece o atomismo como algo máis que unha hipótese útil. Foi principalmente como resultado do labor de Perrin que os máis eminentes escépticos da existencia das moléculas, entre eles [[Wilhelm Ostwald]], finalmente cederan.
 
==Notas==